Publicacións

Despedida da Candeloria

Imaxe
Con gratitude e esperanza, para Luz, Lines, Eva, Xabi, Benjamín, Jesús e o alumnado participante de 3.º ESO e 1.º BAC. Por crer que a vida é mellor con paxaros, música e poesía. Se o pasado día 2 festexabamos o triunfo da luz e o casamento dos paxaros, hoxe, p ara despedir febreiro, mes da Candeloria, instalamos nunha das árbores do patio do instituto unha fermosa caixa-niño de madeira. Recibímola como agasallo do departamento de Agraria do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo , a quen agradecemos o seu agarimoso xesto. Baixo as pólas que acubillan a caixa-niño, recitamos varios poemas (de Séchu Sende, Navia Rivas de Castro, María Lado, Marta Dacosta, Daniel Salgado e Leo Arremecághona) relacionados, en certo modo, coa Candeloria e cos paxaros, e soaron a gaita e a pandeireta para interpretar algunhas pezas da tradición musical galega. Con desexos de salvación e florecemento, compartimos a continuación o texto de  Leo Arremecághona .  E oxalá o próximo febreiro algúns paxa...

Conferencia-concerto de Abraham Cupeiro

Imaxe
O alumnado de Música de 3.º e 4.º ESO e mais de 1.º BAC participou o 23 de febreiro nunha conferencia-concerto de Abraham Cupeiro,  músico e musicólogo entre cuxos  traballos destacan os discos  Os sons esquecidos  (2017), coa Real Filharmonía de Galicia, e  Pangea  (2020), coa Royal Philharmonic Orchestra londinense . Cupeiro, nado en Sarria en 1980, é especialmente coñecido por recuperar e reconstruír instrumentos ancestrais, unha boa mostra dos cales nos presentou no Ánxel Fole. O acto desenvolveuse como unha viaxe sonora a través do tempo e do espazo. Abraham comezou lembrando algúns dos instrumentos máis primitivos, construídos con palla, óso ou plumas, para realizar a continuación un percorrido que nos levou pola antiga Roma, Persia, China, Armenia, Venecia, os capiteis das igrexas románicas, o Renacemento, o Barroco, a Revolución Industrial..., sempre combinando as explicacións teóricas, amenas e cargadas de anécdotas, coas sorprendentes interpretaci...

Flores para Rosalía

Imaxe
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, conmemoramos o Día de Rosalía de Castro (23 de febreiro,  data do aniversario do nacemento da escritora ) a través dunha actividade de papiroflexia. Un grupo de alumnado de 4.º ESO confeccionou flores de papel en cuxo talo escribiu versos de Rosalía. As flores expuxéronse previamente na biblioteca do instituto, canda unha selección de obras da autora homenaxeada, e despois, o propio Día de Rosalía, agasalláronse entre a poboación do barrio da Piringalla ( pequeno comercio,  transeúntes, etc.), onde se atopa o IES Ánxel Fole. Pretendíase, así, estreitar os lazos entre o alumnado e a sociedade, e espallar a figura de Rosalía ―e, con ela, a lingua galega― fóra do centro. Ana Rodríguez Barreiro

Recuncho de normalización e dinamización lingüísticas

Imaxe
Na biblioteca escolar do Ánxel Fole temos habilitado un espazo no que visibilizar os materiais xa existentes e os que se van adquirindo sobre sociolingüística e planificación lingüística. Esta biblioteca básica, fundamental para a formación continua dos membros do EDLG, está dispoñible tamén para os restantes membros da comunidade educativa. Ana Rodríguez Barreiro

Leonardo e os biosbardos

Imaxe
O alumnado de 1.º e 2.º ESO acudiu na tarde do luns, 7 de febreiro, ao Auditorio Gustavo Freire, onde puido gozar da representación da obra teatral Leonardo e os biosbardos , posta en escena pola compañía A Xanela do Maxín. A peza, baseada no conto "Os biosbardos", de Eduardo Blanco Amor, relata como Leonardo, no seu intento por adaptarse a Auria, fai o posible para superar as probas que a cuadrilla da Roncolla lle impón se quere formar parte dela. Paralelamente, o protagonista debe coidar de pecharlles a porta ás galiñas pola noite, porque están a desaparecer misteriosamente da súa granxa... A obra trata temas como o acoso, o dominio dos medos, a integración, a solidariedade, o ecoloxismo, a vida na natureza ou o despoboamento do rural. Ana Rodríguez Barreiro e Ramón Vázquez Díaz

Arte urbana lucense. Fichas de catalogación

Imaxe
Despois de varios meses de traballo, as persoas participantes no Proxecto Didáctico Antonio Fraguas temos a ledicia de presentar hoxe o primeiro dos produtos que elaboraremos ao longo deste curso: un catálogo  ― limitado, pero agardamos que representativo ―  de recursos de arte urbana da cidade de Lugo.  Podedes acceder a el premendo directamente aquí . Foi un pracer inmenso percorrer os barrios da cidade localizando mostras de arte da rúa, deixarnos seducir polo poder evocador das palabras e das imaxes, participar do espírito crítico e transgresor de tantas obras, compartir os achados en familia e entre amigos/as. Oxalá estas páxinas poidan transmitir, sequera minimamente, o gozo que experimentamos con cada descuberta. Ana Rodríguez Barreiro

I Concurso de Fotohaikus: a Candeloria

Imaxe
A tradición galega ofrece para a xornada do 2 de febreiro un rico simbolismo, máis alá de ser este o día en que se bendín as candeas nas igrexas católicas. Así, en Galicia considérase esta data como un preludio da primavera e o refraneiro popular asóciaa co casamento dos paxaros ("A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa") e, por tanto, dalgún xeito, coa celebración do amor. Para festexar a Candeloria, o EDLG do IES Ánxel Fole convoca o I Concurso de Fotohaikus, de acordo coas seguintes bases: OBXECTIVO O concurso ten por finalidade a potenciación da creatividade artística a través da conxunción da palabra e a imaxe, así como o coñecemento e a difusión das tradicións galegas vencelladas á festividade da Candeloria. PERSOAS DESTINATARIAS O certame vai destinado a toda a comunidade educativa do IES Ánxel Fole: alumnado, profesorado, pais / nais do alumnado e persoal de administración e servizos. CATEGORÍAS Establécense tres categorías: Categoría A: alumnado de 1.º, 2.º e 3....

Biblioteca de arte urbana

Imaxe
Durante o primeiro trimestre, as persoas que participamos no Proxecto Didáctico Antonio Fraguas realizamos múltiples lecturas relacionadas co ámbito da arte na rúa, entendida no senso máis amplo da expresión. Para facilitar a localización dos libros que se foron adquirindo, así como o seu traslado ás aulas do alumnado, dispúxose na biblioteca do centro unha maleta temática de arte urbana. Dende aquí, convidamos a comunidade educativa a visitar a biblioteca e consultar e/ou levar en préstamo algúns dos interesantes títulos que agora custodia a Rosalía dun emblemático graffiti de Primo de Banksy na cidade. Botamos en falta máis material en galego, certamente escaso, o que pon de manifesto que a lingua aínda non está representada por igual en todos os campos do saber. Confiamos en que o noso traballo de catalogación de recursos de arte urbana supoña unha humilde achega á presenza do galego neste eido. Ana Rodríguez Barreiro

Visita ao Vello Cárcere

Imaxe
O alumnado de Historia do Mundo Contemporáneo de 1.º BAC visitou onte o Vello Cárcere de Lugo, onde foi recibido polas guías Bárbara e Patricia, que explicaron que o edificio foi proxectado polo arquitecto Nemesio Cobreros e inaugurado en 1887. Este cárcere responde a unha tipoloxía celular que estivo influenciada polo panóptico, modelo penitenciario que, ideado no s. XVIII polo filósofo J. Bentham, se caracterizaba pola presenza dunha construción circular, onde estaban as celas individuais, e mais unha torre central, onde se situaba o posto de vixilancia. Cada cela debía ter unha ventá cara ao corredor e outra cara ao exterior, de maneira que o efecto de contraluz permitise ao vixiante percibir todos os movementos das persoas presas. Durante o período da Guerra Civil, o cárcere pasou a ser de facto un penal, posto que non só se internaban alí persoas pendentes de xuízo, senón tamén presos/as políticos/as. A partir do estalido da guerra, o edificio, pensado para 140 reclusos/as, pasou...

Ver para erradicar

Imaxe
Ao longo dos días 13 e 14 de decembro, visitou o IES Ánxel Fole un educador social da asociación Acadar . Como representante desta entidade, que ten por misión promover, coordinar e reivindicar a defensa dos dereitos das mulleres con discapacidade en todos os ámbitos da vida, impartiu varias sesións de noventa minutos en que reflexionou, interaccionando co alumnado, sobre as consecuencias da sociedade patriarcal para as mulleres en xeral e para aquelas con discapacidade en particular. Durante a actividade, destinada a alumnado de 3.º ESO, realizáronse dinámicas como a observación e exame da sexualización dos xoguetes, de escenas explicitamente machistas de películas que marcaron a infancia de varias xeracións (nomeadamente das de Disney) ou de diversas mensaxes publicitarias. As charlas tamén afondaron na explicación das diferentes maneiras de exercer violencia de xénero e na análise da lexislación vixente en materia de igualdade, presentando un marco xeral das carencias estrutur...

Exposición do Culturbán 2021

Imaxe
O alumnado de 3.º ESO PMAR visitou onte, no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), a exposición que recolle os traballos da segunda edición do festival de arte na rúa Culturbán, organizado por Espacio Lupa Arte e mais a Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo. A mostra, comisariada por Iago Eireos, reúne as dez obras participantes no combate de pintura mural celebrado o pasado mes de agosto na praza Maior de Lugo, así como imaxes das intervencións na rúa (murais de gran formato e  lettering ) de varios/as autores/as e fotografías do ciclo Xanelas Abertas. Durante a estancia no MIHL, e sempre acompañado polo persoal do centro, o alumnado viu unha presentación introdutoria sobre a historia da arte urbana e mais unha pequena peza documental acerca do combate mural, para pasar a continuación a coñecer as pezas da exposición. As obras do combate mural, cunhas dimensións de 200 x 200 cm, debían tratar a temática da desigualdade de xénero e, máis concret...

Monoulious DOP no Ánxel Fole

Imaxe
Por xentileza do Correlingua , o grupo Monoulious DOP  tocou e cantou esta mañá para o alumnado de 1.º BAC, que precisamente hoxe remataba a primeira avaliación do curso. Monoulious DOP naceu en 2012 como un proxecto musical exclusivo para internet. Ula e Mon, dous amigos da ría de Muros e Noia, comezaron a compartir videoclips que eles mesmos producían e que, coa forza das redes sociais, axiña contaron co apoio do público. Este empuxe da xente foi o que os afoutou a actuar en directo en formato de dúo acústico. No  Cantalingua 2021 , concurso que quere axudar os grupos que deciden usar o galego a  amosar todo o seu potencial ante o alumnado dos centros de ensino de Galicia, Monoulious DOP quedou en terceiro lugar, co tema "Inmunízate co galego" . Foi o alumnado dos centros que pediron ser xurado quen escolleu as cancións gañadoras. Monoulious DOP encheu o patio do Ánxel Fole de músicas cargadas de ritmo, ironía e bo humor, e implicou arreo o alumnado, que ...

Imaxes e palabras para o 25N

Imaxe
Para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, alumnado de Tecnoloxía de 2.º ESO e mais de TIC de 4.º ESO deseñou, mediante ferramentas informáticas como WordArt e Impress, adhesivos e infografías con mensaxes de sensibilización e prevención da violencia de xénero. Cos carteis, impresos en tamaño A4, elaborouse un mural que se colocou á entrada do salón de actos do centro, onde toda a comunidade educativa puido apreciar os traballos. O propio 25 de novembro, o alumnado das devanditas materias visitou as distintas aulas do instituto para explicar brevemente o proxecto desenvolvido e repartir os adhesivos, que, confeccionados a xeito de nube de palabras, foron recibidos como agasallo pola totalidade da rapazada do IES Ánxel Fole. M.ª Teresa Rego Sanmartín e Ana Rodríguez Barreiro

Concerto do Correlingua dende Foz

Imaxe
O Correlingua , denominación que adoptaron de maneira común as diversas carreiras en prol do idioma que se convocan no país, é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar a infancia, a mocidade e os centros de ensino a participar en actos públicos de reivindicación do dereito a medrar en galego e a exercer de maneira efectiva como galegos/as mediante o uso do idioma propio, única forma de garantir o seu futuro. O Correlingua 2021 celébrase baixo o lema “Inmunízate co galego”. O alumnado de 3.º ESO PMAR seguiu, a través de YouTube, a transmisión en directo da festa do Correlingua programada para esta mañá. Tratábase da festa da provincia de Lugo, na que interviñeron dende Foz Cozorellos Salvaxes (grupo musical infantil cuxo principal obxectivo é entreter e facer pedagoxía contra a homofobia e o racismo, así como a favor do feminismo e a diversidade) e Monoulious DOP (banda transgresora en clave de rock). O vídeo completo do acto pode verse premendo aquí . Ana Rodr...

Charla de Leandro Barea

Imaxe
Seguindo coas actividades vencelladas ao Proxecto Didáctico Antonio Fraguas , alumnado de 3.º ESO e 1.º BAC asistiu esta mañá, no salón de actos do centro, a unha charla do deseñador gráfico e ilustrador lucense Leandro Barea . Leandro fixo un repaso pola historia do graffiti e a arte urbana dende a Prehistoria ata a actualidade, acompañando as súas explicacións coa proxección de numerosas obras tanto europeas como americanas. Partiu da tendencia ancestral do ser humano a deixar constancia, a través da arte, da súa presenza nos distintos lugares que ocupou ou transitou, para centrarse despois no cambio de enfoque que se foi producindo co paso do tempo: paulatinamente, os/as autores/as comezaron a amosar algo máis de compromiso nas súas intervencións, substituíndo o inicial "Eu estiven aquí" por mensaxes de contido e intencionalidade marcadamente políticos ou sociolóxicos (contra o racismo, a opresión, o capitalismo, etc.). A charla, que se desenvolveu nun ambiente moi distend...

Videoconferencia de Sonia Villapol

Imaxe
Dende hai anos, os centros escolares de Galicia celebramos en novembro o Mes da Ciencia en Galego, co obxectivo de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda, investigación e ensino científicos. Un grupo de alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1.º BAC participamos o 16 de novembro nunha das videoconferencias promovidas por Igaciencia co gallo do Mes da Ciencia en Galego, en concreto na de Sonia Villapol Salgado dende Houston (Texas): “O que aprendemos da pandemia” . Segundo os datos achegados na videoconferencia pola científica, soamente en Galicia faleceron máis de 2600 persoas por mor da COVID-19. A pesar de todos os estragos que causou esta enfermidade, o ser humano foi capaz, grazas á ciencia, de desenvolver estratexias para convivir co virus e axudar a controlar a súa transmisión; entre elas destacan a vacinación, o uso de máscaras, a distancia social, a ventilación, etc. Tamén contribuíu á mellora da situación a colaboración da c...

Aura 1964

Imaxe
Esta mañá, profesorado do club de lectura e mais varios alumnos/as de 1.º BAC asistiron á presentación do guión cinematográfico Aura 1964 no centro cultural O Vello Cárcere. Con este título a editorial Galaxia inaugura a colección “Guión” do seu catálogo, na que aposta pola publicación de textos escritos para o cine. A obra, que recolle o guión da nova película do recoñecido director galego Ignacio Vilar ( Pradolongo , Vilamor , A esmorga , Sicixia , María Solinha ), supón un fito sen precedentes, pois é a primeira vez que, no estado español, se dá a coñecer o guión dun filme antes da estrea deste en cines. O protagonista de Aura 1964 é Siro, un adolescente que, no Ourense de 1964, cando a ditadura celebra os seus “vinte e cinco anos de paz”, coñece a opresión e o adoutrinamento no centro educativo en que se atopa interno, mais vive tamén, xunto aos seus amigos Cosme e Bento, momentos de iniciación e descuberta, nunha busca constante da liberdade. A actividade realizouse aceptando o ...