Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2022

Arte urbana lucense. Fichas de catalogación

Imaxe
Despois de varios meses de traballo, as persoas participantes no Proxecto Didáctico Antonio Fraguas temos a ledicia de presentar hoxe o primeiro dos produtos que elaboraremos ao longo deste curso: un catálogo  ― limitado, pero agardamos que representativo ―  de recursos de arte urbana da cidade de Lugo.  Podedes acceder a el premendo directamente aquí . Foi un pracer inmenso percorrer os barrios da cidade localizando mostras de arte da rúa, deixarnos seducir polo poder evocador das palabras e das imaxes, participar do espírito crítico e transgresor de tantas obras, compartir os achados en familia e entre amigos/as. Oxalá estas páxinas poidan transmitir, sequera minimamente, o gozo que experimentamos con cada descuberta. Ana Rodríguez Barreiro

I Concurso de fotohaikus: a Candeloria

Imaxe
A tradición galega ofrece para a xornada do 2 de febreiro un rico simbolismo, máis alá de ser este o día en que se bendín as candeas nas igrexas católicas. Así, en Galicia considérase esta data como un preludio da primavera e o refraneiro popular asóciaa co casamento dos paxaros ("A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa") e, por tanto, dalgún xeito, coa celebración do amor. Para festexar a Candeloria, o EDLG do IES Ánxel Fole convoca o "I Concurso de fotohaikus", de acordo coas seguintes bases: OBXECTIVO O concurso ten por finalidade a potenciación da creatividade artística a través da conxunción da palabra e a imaxe, así como o coñecemento e a difusión das tradicións galegas vencelladas á festividade da Candeloria. PERSOAS DESTINATARIAS O certame vai destinado a toda a comunidade educativa do IES Ánxel Fole: alumnado, profesorado, pais / nais do alumnado e persoal de administración e servizos. CATEGORÍAS Establécense tres categorías: Categoría A: alumnado de 1