Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2014

Lipdub

Imaxe
Traballando para o lipdub ...

Ponlle nome á túa clase

Imaxe
No noso centro, as aulas están sinaladas co curso correspondente e o resto das estancias están marcadas co seu nome propiamente dito.  Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) queremos poñerlles nome ás aulas do instituto e, polo tanto, pedimos a vosa colaboración. A nosa intención é que na hora de titoría “bauticedes” a vosa aula cun persoeiro lucense do mundo da cultura, literatura, pintura, deporte, ciencia, etc. O que pretendemos é colocar á entrada ou na porta de cada aula un cadro explicativo e ilustrativo dun personaxe representativo lucense e galego. Trátase de facer unha pequena reseña de cada un deles. Podedes votar nas vosas titorías o personaxe que mellor vos pareza ou, se preferides, dende o EDLG podemos facilitar unha lista de personaxes seleccionados por nós, e cada aula escollerá o que máis lle interese ou co que se sinta máis identificado. O nome do resto das estancias do instituto correrá a cargo do EDLG. PARTICIPAAAAA! *** PERSONA