Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2022

Galiza nun tempo de seu

Imaxe
Dende hoxe pode visitarse no vestíbulo do IES Ánxel Fole a exposición "Galiza nun tempo de seu. Os Castro, unha familia á fronte do reino de Galiza", organizada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Rede Museística Provincial de Lugo, e que conta co patrocinio da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo. A mostra pertence a unha exposición maior, dividida en tres partes cronolóxicas, cada unha das cales se centra nun fito do período baixomedieval: A liñaxe dos Castro, a estirpe máis poderosa da nobreza galega, con integrantes como Pedro Fernández de Castro, Fernando Ruiz de Castro, Álvaro Pérez de Castro ou as irmás Xoana e Inés de Castro; Os movementos irmandiños do s. XV, as súas causas e as súas consecuencias; A resistencia á monarquía dos Reis Católicos, representada na figura central do mariscal Pardo de Cela. A  información que se ofrece a través dos paneis permite ao público non especializado obter unha visión xeral e sinxela desta interesante époc

Arte urbana lucense: catálogo en papel

Imaxe
Inauguramos este curso 2022-2023 cunha noticia que nos fai especial ilusión: a publicación en papel da nosa obra Arte urbana lucense. Fichas de catalogación , que vira a luz o pasado xaneiro en forma de revista dixital . A edición en papel, que foi posible grazas ao patrocinio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, presenta leves modificacións respecto da versión dixital, entre as que destaca a nova cuberta, creada a partir da composición gañadora do Certame de carteis publicitarios sobre arte urbana lucense . Nas vindeiras semanas, a obra será distribuída entre  as bibliotecas públicas da cidade, os institutos de ensino secundario, os/as artistas incluídos/as no catálogo, etc. Ana Rodríguez Barreiro