LIFE Lugo + Biodinámico
O 20 de decembro presentouse no IES Ánxel Fole o proxecto LIFE Lugo + Biodinámico , que, promovido polo Concello de Lugo, ten como obxectivo principal facer da cidade un lugar máis verde e saudable, capaz de adaptarse de xeito efectivo ao cambio climático e de xerar novas oportunidades para o desenvolvemento. O programa do acto, ao que asistiu alumnado de 2.º BAC, centrouse nos seguintes puntos: O catálogo de solucións de deseño urbano, que inclúe actuacións relacionadas con diversos ámbitos temáticos: a auga, os espazos verdes, a accesibilidade, a economía circular, etc. O barrio multiecolóxico, primeira área convivencial de España onde se aplicarán deseños urbanos resilientes. N o barrio, p lanificado para 1200 vivendas, érguese xa o pioneiro edificio público Impulso Verde, construído integramente en madeira galega. José Ramón Negro Varela, Ana Rodríguez Barreiro e Xabier Santiso Carral