Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Ánxel Fole

Vizoso no Día da Ilustración

Imaxe
Cada 30 de xaneiro, coincidindo coa data do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración en Galicia. Tras dedicarse nas pasadas edicións a  Álvaro Cebreiro (2017),  Camilo Díaz Baliño (2018),  Federico Ribas (2019),  Cándido Fernández Mazas (2020),  Lolita Díaz Baliño (2021),  Reimundo Patiño (2022),  María Antonia Dans (2023) e  Chichi Campos (2024), neste 2025 o homenaxeado é por primeira vez un artista vivo ―e, ademais, especialmente vencellado ao IES Ánxel Fole―: Xosé Vizoso. Deseñador e ceramista en Sargadelos, alén de cartelista, muralista e ilustrador de libros, o  mindoniense Xosé Vizoso é autor dunha obra d e gran forza visual que bebe nas fontes da imaxinaría e a cultura tradicionais galegas. Entre as súas pezas máis senlleiras atópase o mosaico mural Lembrando a Fole , que preside o patio dianteiro do noso centro e constitúe un auténtico emblema deste. O mosaico, confeccionado con teselas cerámicas brancas e negras n un es...

Charla de Xosé Vizoso

Imaxe
Con fonda emoción, recibimos esta mañá no IES Ánxel Fole a Xosé Vizoso Fernández, autor do mosaico mural  Lembrando a Fole  (1989), que preside o patio dianteiro do instituto. Xosé Vizoso, debuxante, cartelista, muralista, recoñecido deseñador de Sargadelos, onde durante anos traballou man a man con Isaac Díaz Pardo, explicou, para o alumnado e o profesorado presentes, o proceso de creación do mosaico que é xa todo un emblema do noso centro. O artista lembrou que a obra, confeccionada con teselas cerámicas brancas e negras nun estilo plástico que se podería cualificar de cubismo sintético galego, recolle algúns dos compoñentes máis característicos do universo literario de Ánxel Fole: elementos astronómicos, vexetais e animais como o sol, a lúa, as montañas, a vaca ou os lobos. Para acompañar a exposición, Xosé Vizoso puxo a disposición do público os bosquexos orixinais utilizados na confección do mosaico; tivemos a sensación de estar a acariñar un pedaciño da histori...

Cabalo alado para Fole

Imaxe
Durante o curso 2021-2022, o IES Ánxel Fole está a participar no Proxecto Didáctico Antonio Fraguas , desenvolvendo un traballo de investigación que ten como eixe vertebrador a arte urbana da cidade de Lugo. Neste contexto, propúxoselle ao alumnado de Debuxo Artístico o reto de deseñar un mural para unha das entradas do instituto. Dada a proximidade da superficie escollida respecto do emblemático mosaico de Xosé Vizoso Lembrando a Fole , establecéronse dende o inicio dúas condicións para a intervención: por unha banda, a utilización dunha linguaxe gráfica similar á que o artista mindoniense empregou na obra que preside o patio principal do centro (formas planas, simples e xeométricas) e, por outra, a austeridade na cor, co fin de harmonizar o conxunto visual. A carga narrativa do mural descansa sobre as dúas paredes de maior tamaño, situadas a ambos os dous lados do portón de entrada. Mentres que na parede da esquerda está representada a rapazada, na da dereita o rostro de Ánxel Fole c...