Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Fotografía

As Letras de Begoña Caamaño

Imaxe
Para celebrar o Día das Letras Galegas, dedicado neste 2026 á escritora e xornalista viguesa Begoña Caamaño, no IES Ánxel Fole desenvolvéronse distintas actividades, entre as que destacan as seguintes: a) Audiovisual Morgana en Esmelle . Alumnado de 3.º e 4.º ESO asistiu, o día 21 de maio, á proxección e coloquio de Morgana en Esmelle ,  serie audiovisual que adapta, en catro episodios curtos, a novela homónima de Begoña Caamaño. A microserie, en cuxa difusión colabora a Deputación de Lugo, é un proxecto da  cooperativa Aqueladas, centrada na creación de contidos audiovisuais interactivos e transmedia en galego. b) Fotografías para Begoña Caamaño . O pasado mes de abril, a fotógrafa lucense Alba Díaz presentou a exposición “A lingua do futuro / O futuro da lingua”, unha homenaxe á rapazada que fala e vive en galego nunha situación de emerxencia lingüística. Interactuando co traballo de Alba Díaz, o alumnado de 3.º PDC fotografouse con palabras relacionadas coa vida e a obra de...

'Tres en un' expositivo

Imaxe
O alumnado de 3.º ESO PDC visitou, o día 3 de decembro, tres exposicións temporais na cidade de Lugo: a) "Symphony. Unha viaxe ao corazón da música", de CaixaForum, experiencia inmersiva audiovisual que pretende achegar a música clásica a todos os públicos. Da man do director Gustavo Dudamel e da Mahler Chamber Orchestra, as persoas espectadoras convértense en músicas por un pedazo e gozan, dende dentro, das composicións de Beethoven, Mahler ou Bernstein. b) "Nicolás Muller en Galicia", de Afundación, mostra que recolle unha selección das imaxes que o fotógrafo húngaro Nicolás Muller tomou en Galicia durante a segunda metade do s. XX. As fotografías, centradas na vida cotiá das xentes traballadoras e na beleza da paisaxe galega, reflicten a fonda ollada humanista do seu autor. c) "O vestiario das almas pintadas. A indumentaria galega nos cadros costumistas", da Rede Museística Provincial de Lugo, proxecto onde corenta e cinco manequíns, ataviados con roupa...

Ruth Matilda Anderson. Fragmentos de onte

Imaxe
A fotógrafa estadounidense  Ruth Matilda Anderson (1893-1983) viaxou a Galicia entre 1924 e 1926, cando tomou unhas oito mil fotografías que retratan tipos, oficios e costumes populares, en moitos casos a piques de desaparecer pola irrupción da modernidade. A exposición " Ruth Matilda Anderson. Fragmentos de onte" , aberta na capela de Santa María de Lugo dende o 3 de outubro ata o 7 de novembro de 2023, pretende recrear, baseándose nas imaxes da artista, a sociedade que atopou Ruth Matilda á súa chegada a Galicia. Deste xeito, o alumnado de 3.º e 4.º ESO que visitou a mostra puido observar preto de mil pezas (na súa maioría, orixinais ou reproducidas a partir doutras antigas) propias da vida cotiá dos anos vinte do século pasado e que hoxe posúen un  incalculable valor etnográfico : aparellos de labranza, ferramentas de traballo, obxectos do fogar e, sobre todo, espléndidos traxes tradicionais tanto de faena como de gala. Ana Rodríguez Barreiro e Lines Salgado Iglesias

II Concurso de Fotohaikus: o Entroido

Imaxe
Para festexar o Entroido, o EDLG do IES Ánxel Fole convoca o II Concurso de Fotohaikus, de acordo coas seguintes bases: OBXECTIVO O concurso ten por finalidade a potenciación da creatividade artística a través da conxunción da palabra e a imaxe, así como o coñecemento e a difusión das tradicións galegas vencelladas ao Entroido. PERSOAS DESTINATARIAS O certame vai destinado a toda a comunidade educativa do IES Ánxel Fole: alumnado, profesorado, pais / nais do alumnado e persoal de administración e servizos. CATEGORÍAS Establécense tres categorías: Categoría A: alumnado de 1.º, 2.º e 3.º ESO. Categoría B: alumnado de 4.º ESO e de 1.º e 2.º BAC. Categoría C: persoas adultas (profesorado, pais / nais do alumnado e persoal de administración e servizos). CARACTERÍSTICAS DOS TRABALLOS As persoas participantes escribirán, en lingua galega, un haiku (composición poética de orixe xaponesa que consta de tres versos de cinco, sete e cinco sílabas, respectivamente) sobre calquera superficie ou sopo...

I Concurso de Fotohaikus: a Candeloria

Imaxe
A tradición galega ofrece para a xornada do 2 de febreiro un rico simbolismo, máis alá de ser este o día en que se bendín as candeas nas igrexas católicas. Así, en Galicia considérase esta data como un preludio da primavera e o refraneiro popular asóciaa co casamento dos paxaros ("A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa") e, por tanto, dalgún xeito, coa celebración do amor. Para festexar a Candeloria, o EDLG do IES Ánxel Fole convoca o I Concurso de Fotohaikus, de acordo coas seguintes bases: OBXECTIVO O concurso ten por finalidade a potenciación da creatividade artística a través da conxunción da palabra e a imaxe, así como o coñecemento e a difusión das tradicións galegas vencelladas á festividade da Candeloria. PERSOAS DESTINATARIAS O certame vai destinado a toda a comunidade educativa do IES Ánxel Fole: alumnado, profesorado, pais / nais do alumnado e persoal de administración e servizos. CATEGORÍAS Establécense tres categorías: Categoría A: alumnado de 1.º, 2.º e 3....