Visita a Padrón e Santiago de Compostela
O alumnado de 1.º BAC desprazouse, o pasado 28 de maio, a Padrón e Santiago de Compostela para realizar varias visitas culturais.
En Padrón, o estudantado participou nunha ruta rosaliana, a través da cal descubriu, da man do escritor e profesor Manuel Lorenzo Baleirón, algúns dos lugares do concello vinculados á figura de Rosalía de Castro: a estatua do paseo do Espolón; a casa da antiga rúa do Sol onde a poeta pasou parte da súa infancia; a igrexa de Santa María de Iria Flavia e o cemiterio parroquial, que acolleu os restos de Rosalía antes de ser trasladados a Santiago; a casa da Matanza, última morada da escritora, hoxe convertida en Casa-Museo de Rosalía de Castro etc.
Pola tarde, o alumnado visitou, no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura compostelá, a exposición temporal "Mundo expandido. Entre o físico e o virtual", que explora os límites da realidade física e da simulación dixital e afonda nos efectos da explosión dos mundos virtuais nas nosas vidas.
Mónica López Souto e Ana Rodríguez Barreiro
.jpeg)


Comentarios
Publicar un comentario