Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Entroido

Entroido 2026

Imaxe
Co gallo do Entroido, desenvolvéronse varias actividades no Ánxel Fole: a) Exposición na biblioteca escolar dunha selección de obras sobre o Entroido galego. b) Elaboración, por parte do alumnado de Expresión Artística de 4.º ESO, de máscaras representativas dos movementos de vangarda (cubismo, surrealismo, futurismo, expresionismo etc.). O traballo inspirouse nun proxecto da dou tora en Belas Artes, profesora  e  blogueira  Mayalen Piqueras. c) Gran desfile de disfraces, celebrado o día 13 de febreiro coa participación de numeroso alumnado e profesorado. Non faltaron os bailes, a música, o humor e, por suposto, os premios para as mellores comparsas. Ana Rodríguez Barreiro

Entroidando

Imaxe
O 28 de febreiro celebrouse o Entroido no centro. A xornada festiva deu comezo ás 12:50 h, cando os grupos participantes abandonaron as súas aulas e acudiron ao vestíbulo para fotografarse na instalación decorativa temática, adobiada con personaxes do entroido tradicional galego. A continuación, o alumnado dirixiuse ao patio cuberto, onde se desenvolveu o desfile de disfraces. Coreografías, música e moito humor fixeron as delicias do público, e o xurado tívoo difícil para escoller as comparsas gañadoras. Nieves Martínez Vázquez e Ana Rodríguez Barreiro

II Concurso de Fotohaikus: o Entroido

Imaxe
Para festexar o Entroido, o EDLG do IES Ánxel Fole convoca o II Concurso de Fotohaikus, de acordo coas seguintes bases: OBXECTIVO O concurso ten por finalidade a potenciación da creatividade artística a través da conxunción da palabra e a imaxe, así como o coñecemento e a difusión das tradicións galegas vencelladas ao Entroido. PERSOAS DESTINATARIAS O certame vai destinado a toda a comunidade educativa do IES Ánxel Fole: alumnado, profesorado, pais / nais do alumnado e persoal de administración e servizos. CATEGORÍAS Establécense tres categorías: Categoría A: alumnado de 1.º, 2.º e 3.º ESO. Categoría B: alumnado de 4.º ESO e de 1.º e 2.º BAC. Categoría C: persoas adultas (profesorado, pais / nais do alumnado e persoal de administración e servizos). CARACTERÍSTICAS DOS TRABALLOS As persoas participantes escribirán, en lingua galega, un haiku (composición poética de orixe xaponesa que consta de tres versos de cinco, sete e cinco sílabas, respectivamente) sobre calquera superficie ou sopo...