Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Pauliña

Concerto de Pauliña

Imaxe
O Correlingua despediuse este ano cunha festa final celebrada en Lugo o 26 de outubro. Máis de catrocentos alumnos/as de distintos centros da cidade e da provincia, entre os que se atopaba o IES Ánxel Fole, participaron no Auditorio Gustavo Freire dun acto no que houbo música e reivindicación lingüística a partes iguais. O programa abriuse co saúdo, presentación e lectura do manifesto por parte do cómico Fran Rei, aos que seguiu a intervención da vicepresidenta da Deputación. A continuación, a rapazada gozou do prato forte da xornada: o concerto de Pauliña, banda de referencia do panorama musical galego actual, coa cambadesa Paula Chaves á fronte. O grupo desenvolveu sobre o escenario unha proposta musical diferente e innovadora, amosando influencias que van dende o country ao blues, pasando polo folk, o rock ou o ska, e abordando nas súas letras temas como a igualdade, a loita feminista e a defensa da lingua e a cultura galegas. O alumnado cantou, bailou, levou discos de Pauliña para