Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2023

Cumpriuse a xustiza

Imaxe
O Día de Rosalía 2023, celebrado baixo o lema "Cumpriuse a xustiza" (verbas do poema "A xustiza pola man", incluído en Follas novas ), lembramos a Rosalía máis combativa e solidaria, a que tantas veces denunciou as inxustizas do seu tempo (a pobreza, a emigración, a subordinación da muller, o centralismo español...) e defendeu as persoas marxinadas, oprimidas, maltratadas, os "desherdados da fortuna". Seguindo as propostas da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para os centros de ensino, alumnado de 3.º e 4.º ESO do Ánxel Fole seleccionou imaxes de prensa alusivas ás inxustizas do mundo actual e, sobre a silueta do rostro de Rosalía, creou unha colaxe que se acompañou da pregunta "Que diría Rosalía?". Por outra banda, o alumnado tamén compuxo textos (poemas, microrrelatos, pequenos ensaios...) sobre as problemáticas sociais do presente (os conflitos bélicos, a explotación laboral, a desigualdade de xénero, o racismo, o a

II Concurso de fotohaikus: o Entroido

Imaxe
Para festexar o Entroido, o EDLG do IES Ánxel Fole convoca o "II Concurso de fotohaikus", de acordo coas seguintes bases: OBXECTIVO O concurso ten por finalidade a potenciación da creatividade artística a través da conxunción da palabra e a imaxe, así como o coñecemento e a difusión das tradicións galegas vencelladas ao Entroido. PERSOAS DESTINATARIAS O certame vai destinado a toda a comunidade educativa do IES Ánxel Fole: alumnado, profesorado, pais / nais do alumnado e persoal de administración e servizos. CATEGORÍAS Establécense tres categorías: Categoría A: alumnado de 1.º, 2.º e 3.º ESO. Categoría B: alumnado de 4.º ESO e de 1.º e 2.º BAC. Categoría C: persoas adultas (profesorado, pais / nais do alumnado e persoal de administración e servizos). CARACTERÍSTICAS DOS TRABALLOS As persoas participantes escribirán, en lingua galega, un haiku (composición poética de orixe xaponesa que consta de tres versos de cinco, sete e cinco sílabas, respectivamente) sobre calquera superf