Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2023

Un, dous, tres. Canta e baila do revés

Imaxe
Alumnado de 4.º ESO asistiu o 27 de marzo ao obradoiro "Un, dous, tres. Canta e baila do revés", impartido por Branca Villares , mestra de canto tradicional, pandeireta, pandeira e pandeiro en diferentes escolas municipais e colectivos culturais da provincia de Lugo.  A relatora, que comezou lembrando a súa traxectoria no eido da música tradicional, desenvolveu unha sesión interactiva e altamente participativa, na que a rapazada tivo que elaborar os seus propios textos e soltarse a cantar. Partindo dun  canto de chamada  popular, Branca Villares explicou a estrutura (na que se distinguen coplas e retrouso), as características métricas (estrofas de catro versos octosílabos con rima asonante nos pares) e a base melódica (compás de 2/4) habituais n a improvisación oral en verso e  en moitas das composicións tradicionais galegas. Axúdame, compañeira. Axúdame, camarada. Axúdame, compañeira, a facer a foliada. Despois, o alumnado distribuíuse en grupos, escolleu unha temática (o

As mulleres conquistan os vidros

Imaxe
Con motivo da celebración do 8M, Día Internacional da Muller, alumnado de 4.º ESO de Educación Plástica, Visual e Audiovisual e mais de 2.º BAC de Debuxo Artístico realizou diversas intervencións artísticas nos escaparates de establecementos comerciais do barrio da Piringalla, ao que pertence o IES Ánxel Fole, así como nas fiestras do propio centro educativo. As composicións inclúen imaxes de mulleres, de épocas e procedencias xeográficas variadas, que destacaron polas súas achegas a distintos ámbitos (as artes plásticas, a literatura, o cine, o deporte, a política, a ciencia, etc). Cada representación vai acompañada dalgúns datos sobre a vida e a obra das mulleres seleccionadas e, no caso dos escaparates dos negocios, tamén de elementos gráficos alusivos á actividade comercial desenvolvida en cada un deles (tendas de alimentación, cafetarías, librarías, autoescolas, salóns de peiteado, etc.). Remarcando o simbolismo da data, as únicas cores empregadas foron o branco, o negro e o viole