II edición de Xornalismo nas Aulas
Alumnado de 3.º e 4.º ESO participou, o día 9 de novembro, nunha clase-obradoiro do proxecto Xornalismo nas Aulas, promovido pola Asociación de Periodistas de Galicia (APG) en colaboración coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. O programa, que busca fomentar o pensamento crítico e contribuír á alfabetización mediática do estudantado, ofrece ferramentas útiles para aprender a distinguir entre datos veraces e contidos falsos ou distorcidos, nun contexto marcado polo aluvión informativo dixital ao que a poboación se ve exposta na actualidade. Na charla impartida no IES Ánxel Fole, a xornalista e experta en comunicación corporativa Rosa Pontes puxo en valor o periodismo rigoroso, que recorre exclusivamente a fontes fiables; deu claves para recoñecer loiadas e fake news ; e compartiu algunhas experiencias e anécdotas da súa traxectoria profesional. Ana Rodríguez Barreiro e Lines Salgado Iglesias