Trece lúas: as marabillas do Nadal. Cantigas e contos do solsticio
Alumnado de 3.º ESO participou o día 10 de decembro no obradoiro “Trece lúas: as marabillas do Nadal. Cantigas e contos do solsticio”, impartido no centro por Branca Villares, intérprete, investigadora e divulgadora da tradición musical galega.
No obradoiro, cuxo título rende homenaxe á obra de Antonio Reigosa Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal, a relatora bosquexou unha historia dos personaxes, costumes e ritos que, malia a súa orixe diversa (pagá ou cristiá), conflúen no Nadal galego. Como non podía ser doutro xeito, a explicación estivo adobiada con moita música, e o alumnado entoou panxoliñas, arrolos e cantos de Reis, acompañándose de percusión ou de mímica.
Ana Rodríguez Barreiro
_mod.jpg)
_mod.jpg)
Comentarios
Publicar un comentario