Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Ciencia

Visita á Domus

Imaxe
Alumnado de 4.º ESO das materias de Tecnoloxía e Intelixencia Artificial para a Sociedade visitou, o día 29 de xaneiro, a Domus, primeiro museo interactivo do mundo dedicado integramente ao ser humano e segundo dos tres Museos Científicos Coruñeses. O edificio, obra do arquitecto xaponés Arata Isozaki, ten máis de 150 módulos interactivos para divertirse e profundar nas características da especie humana, a través de exposicións, xogos ou obradoiros sobre nutrición, anatomía, xenética, evolución, tecnoloxía, intelixencia artificial etc. Iria López López, Karen Elvira Rodríguez Arias e Ana Rodríguez Barreiro

Que é e por que é tan importante o Proxecto Xenoma Galicia, e que beneficios vai traer?

Imaxe
O alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4.º ESO participou o día 25 de novembro nunha das videoconferencias promovidas por Igaciencia co gallo do Mes da Ciencia en Galego, en concreto na de Ángel Carracedo Álvarez, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (Consellería de Sanidade), titulada "Que é e por que é tan importante o Proxecto Xenoma Galicia, e que beneficios vai traer?" . O resumo do relatorio, tomado da páxina web da organización, é o seguinte: "O Proxecto Xenoma Galicia, co que intentamos secuenciar o xenoma completo de 400 000 galegos e que ademais ofrece un cribado de cancro de mama e ovario hereditario, síndrome de Lynch e hipercolesterolemia, é, por porcentaxe de poboación, o proxecto de xenómica poboacional máis importante do mundo. Vai representar unha revolución sen precedentes no noso sistema de investigación e nos sectores biotecnolóxico e farmacéutico, nos que podemos chegar a ser ...

XVI Obradoiro e Concurso Galego de Robótica

Imaxe
Alumnado de 4.º ESO participou o día 14 de novembro no XVI Obradoiro e Concurso Galego de Robótica, organizado pola Institución Galega de Ciencia (Igaciencia), que traballa "A prol da ciencia galega e do galego na ciencia". O encontro, celebrado na Coruña, desenvolveuse en dúas fases. Na primeira media hora, a rapazada interveu nun taller interactivo, onde recibiu formación básica sobre a programación de robots. Durante a hora seguinte, tivo lugar un concurso por equipos, que puxo a proba a creatividade do alumnado, os seus coñecementos computacionais e a súa capacidade para resolver problemas de xeito colaborativo. Diego Brezmes Villaraviz, Raquel González Suso e Ana Rodríguez Barreiro

Exposición de células

Imaxe
Durante as últimas semanas, o alumnado de 3.º ESO confeccionou, na materia de Bioloxía e Xeoloxía, coloridas maquetas de células, para as que se serviu de materiais diversos (poliestireno expandido, plastilina, cartolina etc.) e de moita imaxinación. As maquetas, coas que se inaugura o Mes da Ciencia en Galego no IES Ánxel Fole, poden verse expostas no vestíbulo do centro. Lourdes Novoa Álvarez e Ana Rodríguez Barreiro

Protagonistas, as enxeñeiras

Imaxe
Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, o alumnado de 4.º ESO da materia de Física e Química visitou, o venres 14 de febreiro, a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela. Nas instalacións desta escola, a rapazada participou no obradoiro “Protagonistas, as enxeñeiras”, que pretende achegar as titulacións de carácter científico e tecnolóxico ás rapazas que están a cursar estudos de ensino medio en centros educativos de Lugo. Marina López González e Ana Rodríguez Barreiro

O Universo e a exploración espacial

Imaxe
Alumnado de 2.º BAC participou o día 19 de novembro nunha das videoconferencias promovidas por Igaciencia co gallo do Mes da Ciencia en Galego, en concreto na  titulada “O Universo e a exploración espacial”, a cargo de Begoña Vila Costas, doutora en Astrofísica e Enxeñeira Xefa de Sistemas no  Centro de Voo Espacial Goddard  da NASA. A relatora salientou que, se ben o estudo do Universo avanzou moito dende as primeiras observacións realizadas co telescopio de Galileo Galilei, aínda hai moitas cousas que descoñecemos sobre el: Como se formaron as primeiras galaxias e como evolucionaron para crear aquela na que vivimos? Como se orixinou un planeta como o noso? Pode haber outro con auga e vida? Que son a materia e a enerxía escuras? Os novos telescopios espaciais, como o James Webb, o Nancy Grace Roman, o Telescopio de Mundos Habitables e outros que exploran o sistema solar, procuran os datos que nos aproximen ás respostas. Marina López González e Ana Rodríguez Barreiro

XV Obradoiro e Concurso Galego de Robótica

Imaxe
Alumnado de 4.º ESO participou o pasado 25 de outubro no XV Obradoiro e Concurso Galego de Robótica, organizado pola  Institución Galega de Ciencia (Igaciencia), que, baixo o lema "A prol da ciencia galega e do galego na ciencia", traballa para a promoción e o desenvolvemento de actividades científicas en Galicia e defende o emprego da lingua galega no ámbito científico. A rapazada recibiu unha formación previa no propio centro educativo, onde, a través de dous vídeos de Igaciencia, comezou a familiarizarse cos robots e a linguaxe icónica de programación EV3. Despois acudiu ao encontro presencial, celebrado na Coruña e estruturado en dúas etapas: Na primeira media hora, o alumnado interveu nun taller interactivo: realizou algúns programas coa axuda de monitores/as, trasladounos a  robots lego EV3 e procedeu a executalos. A fase de concurso ocupou a hora seguinte, tempo en que se presentou aos/ás estudantes unha serie de desafíos, de dificultade progres...

O experimento da fenda dobre de Young e o estraño caso do Dr. Jekyll e o Sr. Hyde

Imaxe
No marco do programa A Ponte da Universidade de Santiago de Compostela, alumnado de 2.º BAC dos institutos Ánxel Fole e Muralla Romana asistiu o pasado 4 de abril á charla  “O experimento da fenda dobre de Young e o estraño caso do Dr. Jekyll e o Sr. Hyde”, impartida polo docente da Facultade de Física Carlos Montero Orille.  Empregando como referencia o experimento da fenda dobre de Young, o profesor Montero Orille expuxo as teorías modernas sobre a natureza da luz, as cales, ao longo dos últimos séculos, foron alternando entre a hipótese corpuscular e a hipótese ondulatoria, do mesmo xeito que o personaxe de Stevenson adoptaba sucesivamente as personalidades do Dr. Jekyll e do Sr. Hyde. O relator tamén lembrou a importancia deste experimento para confirmar o carácter ondulatorio‐corpuscular da materia, isto é, a denominada  dualidade onda‐partícula , concepto que, malia a súa innegable utilidade didáctica, resulta difícil de integrar nun modelo completo que de...

Mulleres, ciencia e tecnoloxía: unha historia interminable

Imaxe
Alumnado de 4.º ESO acudiu o día 4 de decembro ao Pazo de San Marcos para participar no relatorio “Mulleres, ciencia e tecnoloxía: unha historia interminable”. Organizada por Igaciencia co gallo do Día da Ciencia en Galego, a conferencia foi impartida por María M. Álvarez Lires, doutora en Química, profesora de Didáctica das Ciencias Experimentais e premio UVIGUALA da Universidade de Vigo en 2017. A relación entre mulleres, ciencia e tecnoloxía non sempre estivo marcada pola desigualdade, como se evidencia ao facer un percorrido, mesmo superficial, pola historia das distintas disciplinas antes de que fosen consideradas oficialmente como tales. Ata 1910, as mulleres non puideron acceder aos estudos universitarios en España, mais, actualmente, son maioría nas titulacións científicas e tecnolóxicas. As desigualdades persisten, no entanto, noutros eidos e, moi especialmente, nos postos de responsabilidade e na dirección de empresas. É preciso contar co talento das muller...

Visita ao Museo de Historia Natural

Imaxe
Alumnado de 1.º ESO acudiu o 16 de xuño ao Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela, centro con fortes potencialidades educativas e sociais, xa que, ademais de desenvolver labores de investigación e educación formal, centra a súa actividade na divulgación científica e oferta visitas para grupos de escolares. O alumnado do Ánxel Fole fixo un interesante percorrido polas salas expositivas do museo, onde puido contemplar numerosos exemplares de animais (conservados mediante taxidermia), fungos, algas, plantas, rochas e minerais, con especial atención aos máis abundantes nos ecosistemas característicos de Galicia, como o da fraga ou o intermareal. Sandra Gómez Pérez,  Ana Rodríguez Barreiro e Xabier Santiso Carral

Ciencia para Novos/as Investigadores/as

Imaxe
Alumnado de 4.º ESO e mais de 1.º e 2.º BAC visitou os días 11, 18 e 19 de xaneiro a Facultade de Ciencias do campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) dentro das xornadas Ciencia para Novos/as Investigadores/as, un programa de estímulo de novas vocacións científicas entre o estudantado de ensino medio. Nas distintas sesións programadas ao abeiro deste ciclo, a rapazada puido coñecer as instalacións da Facultade, recibiu información sobre os graos que se imparten nela (Bioquímica, Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais e Nutrición Humana e Dietética) e levou a cabo varias prácticas e experimentos nos laboratorios do edificio: realización de diferentes reaccións químicas sinxelas, identificación de células mediante o emprego do microscopio electrónico, determinación do pH de substancias da vida cotiá, execución de cromatografías para separar os compoñentes da tinta dun bolígrafo, preparación de pigmentos, etc. Beatriz Fernández, Marina López, Susana Rico, Ana Ro...

Cambio climático e sistema alimentario

Imaxe
Varios grupos de alumnado de Bioloxía e Xeoloxía e mais de Cultura Científica de 4.º ESO e 1.º BAC participaron o 28 de novembro nunha das videoconferencias promovidas por Igaciencia co gallo do Mes da Ciencia en Galego, en concreto na de Luis Díaz Allegue, investigador en enxeñaría medioambiental, titulada “Cambio climático e sistema alimentario” . No relatorio abordáronse os retos que, para a seguridade alimentaria mundial, conleva o cambio climático. Mudanzas en variables como a temperatura, a humidade, os patróns de precipitacións ou a frecuencia dos fenómenos meteorolóxicos extremos afectan ás prácticas agrícolas, á produción dos cultivos e á calidade nutricional dos alimentos. Cómpre, pois, tomar medidas que favorezan o consumo responsable e a dieta sustentable (mercar produtos locais e de tempada; preferir os alimentos a granel e, por tanto, libres de embalaxes; reducir o consumo de carne, etc.), así como investigar fontes de proteínas alternativas (bacterias ou insectos, por ex...

A pegada humana e os seus efectos na xeomorfoloxía de Galicia

Imaxe
Un grupo de alumnado de Xeoloxía de 2.º BAC participou na mañá de hoxe, 25 de novembro, nunha das videoconferencias promovidas por Igaciencia co gallo do Mes da Ciencia en Galego, en concreto na de Francisco Canosa Martínez, divulgador e doutor en Xeoloxía, titulada “A pegada humana e os seus efectos na xeomorfoloxía de Galicia” . A intervención, moi amena e didáctica, centrouse nos cambios que se están a producir na paisaxe de Galicia en relación cos seguintes ámbitos: sistemas costeiros; encoros; instalacións industriais; explotacións mineiras; explotacións agrícolas; expansións urbanas; despoboamento do rural. A videoconferencia pechouse cunha rolda de preguntas na que o alumnado puido consultar as súas dúbidas a Francisco Canosa. Ana Rodríguez Barreiro

Xogando con Azul

Imaxe
Cando Manuel I o Afortunado, rei de Portugal, visitou o Palacio da Alhambra, quedou cativado pola impoñente beleza da decoración, formada por pezas de cerámica de cor azul e branca de procedencia árabe ás que chamaban azulexos . Aínda fascinado polo esplendor do interior da Alhambra, ao seu regreso a Portugal ordenou inmediatamente que as paredes do seu palacio en Évora fosen enfeitadas do mesmo xeito. Azul é un xogo de mesa abstracto, con pezas elaboradas artisticamente e cunha innovadora mecánica de xogo. Ata catro xogadores/as tornan en artistas especializados/as no deseño de azulexos e disputan por converterse no/a primeiro/a en exhibir a súa obra nas paredes do Palacio Real de Évora. O obxectivo de cada participante é completar o mosaico do seu taboleiro individual antes de que o fagan os/as rivais, e gañar así o favor do rei Manuel I. En datas próximas, porase en marcha no Ánxel Fole un campionato de Azul , que se desenvolverá na biblioteca escolar durante os períodos de lec...

Expometeoro

Imaxe
Aproveitando que o 2022 foi declarado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas como Ano Internacional das Ciencias Básicas para un Desenvolvemento Sostible (oceanografía, simetría, meteoroloxía, etc.) e que novembro é o Mes da Ciencia en Galego, o Ánxel Fole súmase ás actividades formativas de Meteogalicia e acolle a exposición sobre meteoroloxía "Expometeoro". A mostra, colocada na sala da planta baixa que comunica co patio cuberto, consta de doce paneis que levan os seguintes títulos: "Clima e tempo non son o mesmo", "Onde a terra manda no aire", "Tempo e lingua", "O clima do pasado", "Magnitudes I", "Magnitudes II", "As nubes", "Mapas do tempo", "Observación do tempo", "Meteoroloxía extrema", "Predición meteorolóxica" e "O sol, motor do mundo". Un cuestionario sobre meteoroloxía , con tres niveis distintos de dificultade, permite que o alumnado afonde nos c...

Exposición sobre Ángeles Alvariño

Imaxe
Dende hai anos, os centros educativos de Galicia celebran en novembro o Mes da Ciencia en Galego, co obxectivo de amosar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.  No 2022, Ano Internacional das Ciencias Básicas para un Desenvolvemento Sostible (oceanografía, simetría, meteoroloxía, etc.), as persoas homenaxeadas son Ángeles Alvariño e Évariste Galois. Neste contexto, o alumnado de Cultura Científica de 1.º BAC preparou unha exposición sobre a  oceanógrafa, zoóloga e profesora  Ángeles Alvariño González. A mostra, colocada dende onte no vestíbulo do centro e accesible a toda a comunidade educativa, recolle carteis e maquetas que lembran a biografía, a traxectoria e as achegas fundamentais da destacada científica ferrolá. A exposición complétase cunha selección de libros da biblioteca escolar, concretamente algúns de/sobre mulleres científicas e outros centrados na temática dos océanos, que tanto ocupou...

Ecosistemas en botes

Imaxe
Co obxecto de conmemorar o Día Mundial do Ambiente (5 de xuño), alumnado de 3.º ESO creou ecosistemas en miniatura e autosuficientes dentro de botes de vidro. Para iso, seleccionáronse recipientes de boca ancha e, coa axuda dunha culler, introducíronse neles unha capa de grava, unha de area e outra de terra, sobre a que se colocaron plantas de pequeno tamaño, axustándoas con paus de espeto. O proceso completouse cunha rega moi controlada (mediante pipeta Pasteur), o selado do bote con filme e a situación do recipiente nun lugar ben iluminado. O ecosistema non precisará mantemento e poderá durar anos no interior do bote, grazas unicamente á luz natural, os nutrientes que acheguen os microorganismos que sobrevivan no fondo e a auga que se orixine pola condensación da humidade. Os ecosistemas bautizáronse cos nomes galegos que decidiu o alumnado e expuxéronse no centro acompañados de breves explicacións do sistema de elaboración. Eva Riveiro Nogareda, Ana Rodríguez Barreiro e Xabier Santi...

Aquelando con chispa

Imaxe
Vinte e un/ha alumnos/as de 2.º ESO C asistiron o día 28 de abril ao Centro Cultural A Ponte Vella de Teo para gravar dous episodios de Aquelando con chispa , programa realizado por Mirabelle Comunicación Audiovisual para a Televisión de Galicia. En cada programa houbo dez alumnos/as como público e dous/dúas alumnos/as que participaron na realización das experiencias xunto cos dous presentadores. O primeiro programa trataba do equilibrio. Tras unha pequena introdución acerca dos factores que interveñen no equilibrio, desenvolvéronse diversas actividades (malabarismos e xogos con pelotas, vasos ou paus integrantes dunha estrutura) para comprobar en que situacións se mantén a estabilidade e en cales non. A rapazada finalizou o capítulo tentando dar un paseo en bicicleta e constatando que esta só se desprazaba uns metros, debido a que unha modificación nun dos seus elementos rompía o equilibrio. O segundo programa levaba por título “Pitágoras, o matemático”. Nesta ocasión, o alumnado pu...