A pegada humana e os seus efectos na xeomorfoloxía de Galicia

Un grupo de alumnado de Xeoloxía de 2.º BAC participou na mañá de hoxe, 25 de novembro, nunha das videoconferencias promovidas por Igaciencia co gallo do Mes da Ciencia en Galego, en concreto na de Francisco Canosa Martínez, divulgador e doutor en Xeoloxía, titulada “A pegada humana e os seus efectos na xeomorfoloxía de Galicia”.

A intervención, moi amena e didáctica, centrouse nos cambios que se están a producir na paisaxe de Galicia en relación cos seguintes ámbitos:

  • sistemas costeiros;
  • encoros;
  • instalacións industriais;
  • explotacións mineiras;
  • explotacións agrícolas;
  • expansións urbanas;
  • despoboamento do rural.

A videoconferencia pechouse cunha rolda de preguntas na que o alumnado puido consultar as súas dúbidas a Francisco Canosa.


Ana Rodríguez Barreiro


Comentarios