Exposición sobre María Casares

Coincidindo co centenario do nacemento de María Casares (A Coruña, 21 de novembro de 1922), o Ánxel Fole acolle estes días unha exposición, cedida polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, sobre esta actriz galega exiliada en Francia, onde triunfou no teatro e no cine e apareceu en clásicos como Os nenos do paraíso, especialmente durante as décadas de 1940 e 1950.


A mostra acompáñase dunha pequena escolma bibliográfica na que se recollen obras centradas tanto na figura de María Casares como noutras personalidades e fitos do cinema galego e, máis particularmente, lucense.



Ana Rodríguez Barreiro


Comentarios