Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2022

Arte urbana lucense. Haikus da rúa

Imaxe
Hai tres meses, publicabamos en Calameo a nosa revista dixital Arte urbana lucense. Fichas de catalogación . No marco do mesmo  Proxecto Didáctico Antonio Fraguas , ve agora a luz un segundo traballo: Arte urbana lucense. Haikus da rúa , no que a poesía dialoga con murais e graffiti en conversa creativa e rompedora. Desexamos que vos guste! Ana Rodríguez Barreiro

Aquelando con chispa

Imaxe
Vinte e un/ha alumnos/as de 2.º ESO C asistiron o día 28 de abril ao Centro Cultural A Ponte Vella de Teo para gravar dous episodios de Aquelando con chispa , programa realizado por Mirabelle Comunicación Audiovisual para a Televisión de Galicia. En cada programa houbo dez alumnos/as como público e dous/dúas alumnos/as que participaron na realización das experiencias xunto cos dous presentadores. O primeiro programa trataba do equilibrio. Tras unha pequena introdución acerca dos factores que interveñen no equilibrio, desenvolvéronse diversas actividades (malabarismos e xogos con pelotas, vasos ou paus integrantes dunha estrutura) para comprobar en que situacións se mantén a estabilidade e en cales non. A rapazada finalizou o capítulo tentando dar un paseo en bicicleta e constatando que esta só se desprazaba uns metros, debido a que unha modificación nun dos seus elementos rompía o equilibrio. O segundo programa levaba por título “Pitágoras, o matemático”. Nesta ocasión, o alumnado pu

A fábrica de poetas

Imaxe
"A fábrica de poetas" é a denominación do roteiro guiado polo alumnado do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz que percorre a vila para poñer en valor os lugares máis significativos da vida e a obra deste importante escritor chairego que dá nome ao centro dende 1994. O día 26 de abril o alumnado de 1.º ESO B e C do noso instituto compartiu visita co de 6.º de Primaria do CEIP Lagostelle e todos/as xuntos/as puideron gozar de actividades moi entretidas: facer de detectives para atopar un autor descoñecido; descubrir o significado do poema "Penélope" na estación de tren, pola que tantas veces pasou Xosé María Díaz Castro nas súas viaxes dende Madrid; realizar unha poxa literaria e un bingo co léxico da obra Nimbos . Para finalizar a intensa mañá, a rapazada tivo a sorte de degustar a estupenda torta de Guitiriz. Mónica Campo Vázquez e Ana Rodríguez Barreiro

Xornada de Exhibición dos Polos Creativos

Imaxe
Un grupo de alumnado de 3.º ESO participou  na Xornada de Exhibición dos Polos Creativos, que tivo lugar  esta mañá na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela). Os Polos Creativos constitúen unha iniciativa destinada a impulsar nos centros educativos galegos competencias dixitais como a robótica,  a intelixencia artificial, a realidade virtual ou a impresión 3D.  Estes espazos estarán situados nos propios colexios e institutos, que exercerán como epicentros da innovación e procurarán  involucrar en diferentes proxectos a alumnado, profesorado, familias e cidadanía da contorna. O alumnado do Ánxel Fole presentou nesta xornada dous traballos que se están a desenvolver no centro durante o presente curso e que se pretende que continúen no seguinte: o deseño e impresión 3D de pezas para xogos educativos da biblioteca escolar; a aplicación móbil baseada na revista dixital Arte urbana lucense. Fichas de catalogación , confeccionada ao abeiro do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas e difundid

Logotipos dinamizadores

Imaxe
Alumnado de distintos grupos da ESO da materia Educación Plástica, Visual e Audiovisual está a elaborarar propostas para o posible emblema do EDLG do centro. En función da calidade dos traballos presentados, valorarase a viabilidade de adoptar un dos deseños como logotipo oficial do EDLG do IES Ánxel Fole. Ana Rodríguez Barreiro

María Solinha

Imaxe
Alumnado de 3.º ESO, 4.º ESO e 1.º BAC asistiu o día 8 de abril a Codex Cinema, nas inmediacións do centro escolar, para ver a película María Solinha , dirixida por Ignacio Vilar. A cinta, rodada en Cangas e noutras localizacións da ría de Vigo, recupera a figura de María Soliña, acusada de bruxaría pola Inquisición no século XVII e, tras a súa morte, convertida en símbolo do sufrimento do pobo. Partindo da lenda, o filme denuncia a presenza na sociedade actual de antigos dragóns que, mudando de forma, seguen a acosar a liberdade das “soliñas” do século XXI. Francisco Xabier Molinos Campos e Ana Rodríguez Barreiro

Verdades e bulos arredor das denuncias por violencia de xénero

Imaxe
Alumnado de 4.º ESO e 1.º BAC participou o día 7 de abril na charla titulada “Verdades e bulos arredor das denuncias por violencia de xénero”, que impartiron tres recoñecidos/as xuíces/zas vencellados/as á cidade de Lugo: Dalila Dopazo, maxistrada do Xulgado do Social n.º 3 de Lugo; Sandra Piñeiro, maxistrada do Xulgado de Instrución n.º 2 de Lugo; e Luís Villares, maxistrado da Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Os tres pertencen, ademais, á Irmandade Xurídica Galega, organización que, baixo o lema “En galego. É de lei”, foi creada no ano 2008 para fomentar o uso do idioma galego na Administración de Xustiza. As persoas relatoras, presentadas pola alumna Sofía González e o alumno Nicolás Herrán, partiron do concepto de violencia de xénero, repasaron as distintas formas en que esta se presenta na sociedade (violencia física, psicolóxica, económica, sexual, dixital, etc.) e centráronse a continuación nalgunhas das falsidades máis divulgadas sobre a violencia

Obradoiros de educación afectivo-sexual

Imaxe
Ao longo da semana do 28 de marzo ao 1 de abril tiveron lugar no Ánxel Fole varios obradoiros de educación afectivo-sexual, impartidos por un traballador social do centro de asesoramento Quérote + de Lugo, dependente da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. O s seminarios ofrecéronse aos distintos grupos de 3.º ESO e contaron cunha duración de cen minutos (dúas sesións lectivas). Tras unha pequena presentación, na cal se informou do enderezo das oficinas de Quérote + en Lugo e dos servizos que prestan á adolescencia (atención profesional de consultas, realización de tests de embarazo e de probas rápidas do VIH, distribución gratuíta de preservativos, etc.), desenvolveuse un coloquio que puxo de manifesto  ― e, nalgúns casos, axudou a combater ―  algunhas das ideas preestablecidas do alumnado sobre a sexualidade e o sexo. Así, abordáronse cuestións como os obxectivos das relacións eróticas; a importancia nelas do desexo, o gozo e a satisfacción; a diversidade de prácticas