Xornada de Exhibición dos Polos Creativos

Un grupo de alumnado de 3.º ESO participou na Xornada de Exhibición dos Polos Creativos, que tivo lugar esta mañá na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela). Os Polos Creativos constitúen unha iniciativa destinada a impulsar nos centros educativos galegos competencias dixitais como a robótica, a intelixencia artificial, a realidade virtual ou a impresión 3D. Estes espazos estarán situados nos propios colexios e institutos, que exercerán como epicentros da innovación e procurarán involucrar en diferentes proxectos a alumnado, profesorado, familias e cidadanía da contorna.

O alumnado do Ánxel Fole presentou nesta xornada dous traballos que se están a desenvolver no centro durante o presente curso e que se pretende que continúen no seguinte:

Mañá mesmo sairá publicada a orde para que os centros poidan solicitar o seu propio Polo Creativo. Para a escolla, a Administración autonómica terá en conta a innovación didáctica e a calidade e viabilidade do proxecto, que debe implicar a profesorado de diferentes disciplinas e fomentar a participación da comunidade educativa con actividades abertas á cidadanía. Unha vez seleccionados, os centros serán dotados do mobiliario e do material precisos.


Nieves María Martínez Vázquez e Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios