A fábrica de poetas

"A fábrica de poetas" é a denominación do roteiro guiado polo alumnado do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz que percorre a vila para poñer en valor os lugares máis significativos da vida e a obra deste importante escritor chairego que dá nome ao centro dende 1994.



O día 26 de abril o alumnado de 1.º ESO B e C do noso instituto compartiu visita co de 6.º de Primaria do CEIP Lagostelle e todos/as xuntos/as puideron gozar de actividades moi entretidas:

  • facer de detectives para atopar un autor descoñecido;
  • descubrir o significado do poema "Penélope" na estación de tren, pola que tantas veces pasou Xosé María Díaz Castro nas súas viaxes dende Madrid;
  • realizar unha poxa literaria e un bingo co léxico da obra Nimbos.



Para finalizar a intensa mañá, a rapazada tivo a sorte de degustar a estupenda torta de Guitiriz.



Mónica Campo Vázquez e Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios