Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2014

Primeira foliada no Ánxel Fole

Imaxe
Isto si que é unha festa! A primeira foliada celebrada no noso instituto foi todo un éxito! Os/as profes, moi animados/as, bailaron e atrevéronse incluso a cantar "O pirimpimpín do Ánxel Fole".

Letras Galegas 2014

Imaxe

Máis do Correlingua

Imaxe
O  noso instituto foi galardoado co terceiro premio no concurso de pancartas! A nosa pancarta xa sabedes cal era, a do lipdub do entroido co noso fermoso lema: "Quérote máis... en galego!

Correlingua 2014

Imaxe
Un ano máis o alumnado do Ánxel Fole participou no Correlingua. As rúas de Lugo enchéronse de rapaces e rapazas chegados/as dende moitos coles e institutos da provincia para festexar a festa do galego.

Un entroido de conto e cine no Ánxel Fole

Imaxe
Este é o vídeo resumo do acontecido no entroido do 2014 no Ánxel Fole. A modo de lipdub , coa música dos ourensáns O sonoro maxín , imos percorrendo parte do noso instituto. Barallamos varias músicas e decidímonos por este rumboso tema, que canto máis o escoitas máis se mete no corpo. Se fixesen así as radios, coñeceriamos máis música en galego... Profes, directivas, alumnado, tentamos facer unha festa con este entroido, que é a celebración máis divertida do ciclo festivo galego. Ata o mesmísimo busto de Ánxel Fole estaba disfrazado... Queda a idea xa para o ano que vén... Hai tantos detalles que non poderás deixar de rir aínda que o vexas dez veces...

Feliz Día do Libro!

Imaxe

Chega o mes dos libros

Imaxe
O grande artista Leandro Lamas fai unha magnífica homenaxe aos libros.

Pancarta do lipdub

Imaxe
Un  lipdub   ou  lip dub   ( 'dobraxe de labios' ) é un vídeo musical realizado por un grupo de persoas que sincronizan os seus labios, xestos, movementos, cunha canción popular ou outra fonte musical. Dende o noso instituto  pretendemos involucrar a todo o alumnado neste traballo musical, utilizando unha mensaxe clara que favoreza o uso da nosa lingua. Por iso utilizamos como lema a canción "Quérote máis" do grupo  O sonoro maxín.  

O lipdub clase a clase

Imaxe
O alumnado de 2.º B preparándose para entrar en acción no lipdub

Lipdub

Imaxe
Traballando para o lipdub ...

Ponlle nome á túa clase

Imaxe
No noso centro, as aulas están sinaladas co curso correspondente e o resto das estancias están marcadas co seu nome propiamente dito.  Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) queremos poñerlles nome ás aulas do instituto e, polo tanto, pedimos a vosa colaboración. A nosa intención é que na hora de titoría “bauticedes” a vosa aula cun persoeiro lucense do mundo da cultura, literatura, pintura, deporte, ciencia, etc. O que pretendemos é colocar á entrada ou na porta de cada aula un cadro explicativo e ilustrativo dun personaxe representativo lucense e galego. Trátase de facer unha pequena reseña de cada un deles. Podedes votar nas vosas titorías o personaxe que mellor vos pareza ou, se preferides, dende o EDLG podemos facilitar unha lista de personaxes seleccionados por nós, e cada aula escollerá o que máis lle interese ou co que se sinta máis identificado. O nome do resto das estancias do instituto correrá a cargo do EDLG. PARTICIPAAAAA! *** PERSONA

Paz significa...

Imaxe
3O DE XANEIRO,  DÍA DA PAZ