Ponlle nome á túa clase

No noso centro, as
aulas están sinaladas co curso correspondente e o resto das estancias están marcadas co seu nome propiamente dito. Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) queremos poñerlles nome ás aulas do instituto e, polo tanto, pedimos a vosa colaboración. A nosa intención é que na hora de titoría “bauticedes” a vosa aula cun persoeiro lucense do mundo da cultura, literatura, pintura, deporte, ciencia, etc.

O que pretendemos é colocar á entrada ou na porta de cada aula un cadro explicativo e ilustrativo dun personaxe representativo lucense e galego. Trátase de facer unha pequena reseña de cada un deles.

Podedes votar nas vosas titorías o personaxe que mellor vos pareza ou, se preferides, dende o EDLG podemos facilitar unha lista de personaxes seleccionados por nós, e cada aula escollerá o que máis lle interese ou co que se sinta máis identificado.

O nome do resto das estancias do instituto correrá a cargo do EDLG.

PARTICIPAAAAA!

***

PERSONAXES LUCENSES -algunhas suxestións-:

Escritores: Ánxel Fole, Xosé Miranda, Paco Martín, Trapero Pardo, Leiras Pulpeiro, Álvaro Cunqueiro...

Cine, música, maxia: Luis Tosar, Xurxo Coira, Gustavo Freire, Pascual Veiga, Xoán Montes, Fuxan os ventos, Piti Sanz, Lis Latas, Pepe Vaamonde, El KiKi, Cántigas e Frores, Mago Antón, Mago Rafa...

Deportes: Diego López, López Mella, Tito Margaride, Misioné, Alessandra Aguilar, María Abel...

Pintura, escultura: Xulia Minguillón, Maruja Mallo, Antonio Murado, Paco Pestana, Lomarti, López Guntín, Tino Grandío...

Outros: Gregorio Sanz (profesor), Antonio Gandoy (fundador de Preescolar na casa)...





Comentarios