Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2022

Cabalo alado para Fole

Imaxe
Durante o curso 2021-2022, o IES Ánxel Fole está a participar no Proxecto Didáctico Antonio Fraguas , desenvolvendo un traballo de investigación que ten como eixe vertebrador a arte urbana da cidade de Lugo. Neste contexto, propúxoselle ao alumnado de Debuxo Artístico o reto de deseñar un mural para unha das entradas do instituto. Dada a proximidade da superficie escollida respecto do emblemático mosaico de Xosé Vizoso Lembrando a Fole , establecéronse dende o inicio dúas condicións para a intervención: por unha banda, a utilización dunha linguaxe gráfica similar á que o artista mindoniense empregou na obra que preside o patio principal do centro (formas planas, simples e xeométricas) e, por outra, a austeridade na cor, co fin de harmonizar o conxunto visual. A carga narrativa do mural descansa sobre as dúas paredes de maior tamaño, situadas a ambos os dous lados do portón de entrada. Mentres que na parede da esquerda está representada a rapazada, na da dereita o rostro de Ánxel Fole c

Arte urbana lucense. Carteis publicitarios

Imaxe
Alumnado de 1.º BAC de TIC, participante no Proxecto Didáctico Antonio Fraguas , deseñou carteis para promover a arte urbana da cidade de Lugo. Os traballos están baseados nas fotografías recollidas na p ublicación dixital Arte urbana lucense. Fichas de catalogación e realizáronse co programa informático de edición de imaxes GIMP . GIMP proporciona ferramentas de selección, pintura, transformación, etc., que permiten, entre outras funcionalidades: definir a porción de imaxe á que se aplicarán os cambios posteriores; modificar as cores nalgunha parte da fotografía; alterar a xeometría da imaxe (recortar, rotar, inclinar, etc.). Nos vindeiros días, o alumnado tomará parte nunha votación para elixir, entre a vintena de creacións presentada s, o cartel gañador deste particular certame de arte urbana escolar. Raquel González Suso e Ana Rodríguez Barreiro

As Letras de Florencio

Imaxe
O venres 13 de maio celebramos no Ánxel Fole as Letras Galegas, dedicadas en 2022 ao escritor de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) Florencio Delgado Gurriarán. "O poeta que baila" merecía comezar a xornada conmemorativa cunha coreografía, e este ano non podía ser outra que a de "Terra" , o éxito incuestionable das Tanxugueiras, que alumnado de 1.º e 3.º ESO fixo seu con entusiasmo. As actividades trasladáronse a continuación ao horto escolar. Aquí desenvolveuse unha entrevista ficticia a D. Florencio, que visitou o instituto para lembrarnos os episodios máis significativos da súa biografía. No horto tamén asistimos a un recitado de poemas de Florencio Delgado Gurriarán, así como á plantación dalgúns dos seus versos (escritos en tarxetas de papel ecolóxico con sementes incrustadas) e mais dun castiñeiro, a árbore favorita do poeta. En palabras do alumnado participante, o acto veu ser un "recoñecemento a Florencio e a todos os escritores e escritoras que cultiv

Celebración dos maios

Imaxe
Alumnado de 1.º ESO participou esta mañá na celebración dos maios, festa popular de orixes ancestrais que conmemora o triunfo da primavera, manifestado na floración e a frutificación das plantas. Ao redor dunha construción de madeira de forma cónica, totalmente cuberta de follas e flores, os/as rapaces/zas lembraron composicións xa clásicas sobre os maios (coma o poema "O maio", de Manuel Curros Enríquez) e, co acompañamento musical de dous xilófonos, cantaron as coplas escritas por eles/as mesmos/as. A figura do maio quedou exposta no vestíbulo do centro e, no Taboleiro da Lingua, pode verse unha mostra con algunhas das coplas creadas polo alumnado, as cales se axustaron nesta ocasión á métrica tradicional dos maios ourensáns: estrofas de catro versos hexasílabos con rima asonante nos pares. Ana Rodríguez Barreiro