Celebración dos maios

Alumnado de 1.º ESO participou esta mañá na celebración dos maios, festa popular de orixes ancestrais que conmemora o triunfo da primavera, manifestado na floración e a frutificación das plantas.


Ao redor dunha construción de madeira de forma cónica, totalmente cuberta de follas e flores, os/as rapaces/zas lembraron composicións xa clásicas sobre os maios (coma o poema "O maio", de Manuel Curros Enríquez) e, co acompañamento musical de dous xilófonos, cantaron as coplas escritas por eles/as mesmos/as.


A figura do maio quedou exposta no vestíbulo do centro e, no Taboleiro da Lingua, pode verse unha mostra con algunhas das coplas creadas polo alumnado, as cales se axustaron nesta ocasión á métrica tradicional dos maios ourensáns: estrofas de catro versos hexasílabos con rima asonante nos pares.




Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios