Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Rosalía

Visita a Padrón e Santiago de Compostela

Imaxe
O alumnado de 1.º BAC desprazouse, o pasado 28 de maio, a Padrón e Santiago de Compostela para realizar varias visitas culturais. En Padrón, o estudantado participou nunha ruta rosaliana, a través da cal descubriu, da man do escritor e profesor Manuel Lorenzo Baleirón, algúns dos lugares do concello vinculados á figura de Rosalía de Castro: a estatua do paseo do Espolón; a casa da antiga rúa do Sol onde a poeta pasou parte da súa infancia; a igrexa de Santa María de Iria Flavia e o cemiterio parroquial, que acolleu os restos de Rosalía antes de ser trasladados a Santiago; a casa da Matanza, última morada da escritora, hoxe convertida en Casa-Museo de Rosalía de Castro etc. Pola tarde, o alumnado visitou, no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura compostelá, a exposición temporal " Mundo expandido. Entre o físico e o virtual", que  explora os límites da realidade física e da simulación dixital e afonda nos efectos da explosión dos mundos virtuais nas nosas vidas. Mónica López...

Mais eles tamén perdidos

Imaxe
No marco das actividades propostas pola  Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega  (AELG) para conmemorar nos centros de ensino o Día de Rosalía de Castro, celebrado neste 2026 baixo o lema "Mais eles tamén perdidos" , o alumnado de 3.º PDC do IES Ánxel Fole deseñou un rosco de pasapalabra a partir de  termos relacionados coa vida e coa obra de Rosalía. Durante a semana do 23 de febreiro, o xogo desenvolveuse nos distintos grupos de 3.º ESO, conducido polo propio alumnado de PDC.  Seguindo a dinámica do concurso televisivo, o obxectivo último era que as persoas participantes descubrisen, nun tempo dado, as vinte e tres palabras (unha por cada letra do alfabeto galego) que se agochaban tras outras tantas definicións. O pasapalabra rosaliano pode consultarse premendo aquí . Ana Rodríguez Barreiro e Lines Salgado Iglesias

Rosalía lucense

Imaxe
D entro das actividades desenvolvidas no Ánxel Fole para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, celebrado neste 2025 baixo o lema "Saúde e Terra!", o alumnado de 4.º PDC participou o 20 de febreiro nunha ruta literaria por Lugo, tratando de seguir as pegadas da autora compostelá na cidade das murallas. O itinerario, trazado polas profesoras Ana Rodríguez Barreiro e Lines Salgado Iglesias, incluíu a visita aos seguintes lugares e recursos patrimoniais, relacionados en maior ou menor grao coa figura de Rosalía: 1. Mural de Concepto Circo na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (rúa Benigno Ledo). 2. Mural de Trece Trazos no IES Sanxillao (rolda das Fontiñas). 3. Mural de Sandra Lodi no CEIP das Mercedes (rúa Montirón), con versos da "Alborada", pertencente a  Cantares gallegos : " Arriba / todas, rapaciñas do lugar!, / que o sol / i a aurora xa vos vén a dispertar". 4. CEIP Rosalía de Castro (rúa Cambria), que leva o nome da escritora e posúe un mural re...

O herbario de Rosalía de Castro: educación literaria e medio ambiente

Imaxe
No marco do programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC, da Universidade de Santiago de Compostela, alumnado de 4.º ESO e 1.º BAC asistiu o 19 de decembro ao relatorio “O herbario de Rosalía de Castro: educación literaria e medio ambiente”, impartido pola profesora da Facultade de Ciencias da Educación María López Sández. O herbario de Rosalía, colección de plantas e flores mencionadas na obra da escritora galega, é un exemplo de traballo interdisciplinario que vencella a literatura e a botánica. O proxecto materializouse, grazas a  María López Sández, M.ª Isabel Fraga Vila e Miguel Fraga Vila, de dous xeitos distintos e complementarios: No libro  O herbario de Rosalía. Nasín cando as prantas nasen ( Fundación Rosalía de Castro, 2022). Nunha exposición que se presentou  no Real Jardín Botánico de Madrid en 2022 e que actualmente se atopa en itinerancia por Galicia. A charla permitiu ao alumnado afondar no tratamento da natureza na obra de Rosalía de Castro, a...

Rosalía no barrio

Imaxe
Co gallo do Día de Rosalía de Castro 2024, alumnado de distintos grupos da ESO asistiu o 23 de febreiro á presentación da revista  Rosalía no barrio , editada por Solaina e coordinada por Sergio Marey. A publicación, que busca achegar a obra de Rosalía de Castro e de poetas contemporáneos/as aos barrios da Milagrosa e da Piringalla de Lugo, onde se distribúe entre a veciñanza, centros de ensino e establecementos comerciais, ofrece unha escolma de textos líricos escritos por distintos/as autores/as galegos/as a partir de versos de Rosalía. Durante o evento, celebrado no salón de actos do Ánxel Fole e conducido polo propio Sergio Marey, a rapazada recitou e comentou poemas, compuxo un cadáver exquisito inspirado no verso rosaliano "Teño un niño de tolos pensamentos" e creou un caligrama en que as verbas colectivas debuxaron o rostro da nosa escritora nacional. Paula Fernández Fulgencio e Ana Rodríguez Barreiro

Cumpriuse a xustiza

Imaxe
O Día de Rosalía 2023, celebrado baixo o lema "Cumpriuse a xustiza" (verbas do poema "A xustiza pola man", incluído en Follas novas ), lembramos a Rosalía máis combativa e solidaria, a que tantas veces denunciou as inxustizas do seu tempo (a pobreza, a emigración, a subordinación da muller, o centralismo español...) e defendeu as persoas marxinadas, oprimidas, maltratadas, os "desherdados da fortuna". Seguindo as propostas da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para os centros de ensino, alumnado de 3.º e 4.º ESO do Ánxel Fole seleccionou imaxes de prensa alusivas ás inxustizas do mundo actual e, sobre a silueta do rostro de Rosalía, creou unha colaxe que se acompañou da pregunta "Que diría Rosalía?". Por outra banda, o alumnado tamén compuxo textos (poemas, microrrelatos, pequenos ensaios...) sobre as problemáticas sociais do presente (os conflitos bélicos, a explotación laboral, a desigualdade de xénero, o racismo, o a...

Flores para Rosalía

Imaxe
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, conmemoramos o Día de Rosalía de Castro (23 de febreiro,  data do aniversario do nacemento da escritora ) a través dunha actividade de papiroflexia. Un grupo de alumnado de 4.º ESO confeccionou flores de papel en cuxo talo escribiu versos de Rosalía. As flores expuxéronse previamente na biblioteca do instituto, canda unha selección de obras da autora homenaxeada, e despois, o propio Día de Rosalía, agasalláronse entre a poboación do barrio da Piringalla ( pequeno comercio,  transeúntes, etc.), onde se atopa o IES Ánxel Fole. Pretendíase, así, estreitar os lazos entre o alumnado e a sociedade, e espallar a figura de Rosalía ―e, con ela, a lingua galega― fóra do centro. Ana Rodríguez Barreiro