O herbario de Rosalía de Castro: educación literaria e medio ambiente

No marco do programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC, da Universidade de Santiago de Compostela, alumnado de 4.º ESO e 1.º BAC asistiu o 19 de decembro ao relatorio “O herbario de Rosalía de Castro: educación literaria e medio ambiente”, impartido pola profesora da Facultade de Ciencias da Educación María López Sández.

O herbario de Rosalía, colección de plantas e flores mencionadas na obra da escritora galega, é un exemplo de traballo interdisciplinario que vencella a literatura e a botánica. O proxecto materializouse, grazas a María López Sández, M.ª Isabel Fraga Vila e Miguel Fraga Vila, de dous xeitos distintos e complementarios:

  • No libro O herbario de Rosalía. Nasín cando as prantas nasen (Fundación Rosalía de Castro, 2022).
  • Nunha exposición que se presentou no Real Jardín Botánico de Madrid en 2022 e que actualmente se atopa en itinerancia por Galicia.

A charla permitiu ao alumnado afondar no tratamento da natureza na obra de Rosalía de Castro, así como mellorar o coñecemento da súa propia contorna natural.


Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios