Lecturas compartidas

Xa está a pleno rendemento o club de lectura do profesorado do curso 2024/25 e, como vén sendo habitual nos últimos anos, o EDLG colabora activamente con el, fomentando a selección de obras en galego e participando nas reunións periódicas que celebran os seus membros.

No primeiro trimestre do curso, o club do profesorado leu dúas novelas galegas de recente publicación: Tras do Ceo (editorial Xerais), de Manuel Rivas, quen foi galardoado co Premio Nacional das Letras Españolas 2024, e Eu son o monte (editorial Euseino?), primeira novela de Sara Guerrero.


Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios