Investigación sobre coñecemento do léxico

Un grupo de alumnado de 4.º ESO participa este curso nun proxecto que, deseñado e desenvolvido polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela, ten como principal obxectivo valorar o grao de coñecemento do léxico habitual galego e castelán entre estudantes de 4.º ESO de distintos centros de ensino de toda Galicia.

No IES Ánxel Fole, a recollida de datos levouse a cabo os días 18 e 19 de decembro. Para iso, o alumnado houbo de identificar nunha enquisa en liña as que, ao seu xuízo, eran as secuencias máis axeitadas ao significado das cincuenta palabras que se lle propuxeron por cada lingua. Na proba de galego, recadáronse, ademais, os datos sociolingüísticos dos/as estudantes.


Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios