Terra, tempo e xente: introdución á paisaxe histórica
Ao abeiro do programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC, da Universidade de Santiago de Compostela, alumnado de 4.º ESO do Ánxel Fole asistiu o 17 de decembro á charla titulada “Terra, tempo e xente: introdución á paisaxe histórica”, a cargo de Carlos Baliñas Pérez, profesor da Facultade de Humanidades de Lugo.
Como lembrou o relator, na actualidade (Antropoceno) virtualmente toda paisaxe é froito da intervención humana sobre o medio e, en consecuencia, a paisaxe resulta unha testemuña da historia da humanidade que a habitou. Partindo deses presupostos, a charla achegou o alumnado aos métodos e técnicas de interpretación, investigación e posta en valor da paisaxe humanizada, con referencias especiais ao caso de Galicia.
Xabier Molinos Campos e Ana Rodríguez Barreiro
Comentarios
Publicar un comentario