Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2022

Escolma poética. Día da Poesía 2022

Imaxe
O 21 de marzo de cada ano celébrase o Día Mundial da Poesía. Para conmemorar esta data, alumnado de 2.º ESO, 3.º ESO e 1.º BAC do IES Ánxel Fole traduciu ao galego poemas e cancións compostos orixinalmente nas distintas linguas curriculares do centro (castelán, portugués, francés, inglés, latín e grego). Unha selección deses textos foi publicada en forma de revista dixital e pode consultarse premendo directamente aquí . Ana Rodríguez Barreiro  

Charla de Iago Eireos

Imaxe
Alumnado de 3.º ESO, 4.º ESO e 1.º BAC asistiu hoxe, no salón de actos do instituto, a unha charla do artista local  Iago Eireos (Lugo, 1980), cabeza visible do laboratorio de proxectos artísticos Espacio Lupa Arte e organizador, xunto coa  Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, do festival de arte na rúa Culturbán. O relator achegou ao alumnado os pormenores do seu labor como xestor cultural, centrándose fundamentalmente nas actividades ligadas ao Culturbán, durante cuxa celebración as rúas da cidade se converten, a un tempo, en obradoiro de traballo, lenzo e galería de arte. Así, Iago Eireos explicou en que consisten os combates de pintura mural ao aire libre e referiuse a algúns dos murais de gran formato máis emblemáticos de Lugo, recollidos tamén na nosa publicación Arte urbana lucense. Fichas de catalogación . O acto pechouse cun pequeno coloquio, no que o alumnado se interesou pola obra de creación de Iago Eireos, preguntou polos seus edificios pref

Do tradi ao trap. Baila, morena!

Imaxe
Dous grupos de alumnado, un de 1.º BAC e outro de 4.º ESO, participaron esta mañá no obradoiro "Do tradi ao trap. Baila, morena!", impartido por Branca Villares, mestra de canto tradicional, pandeireta, pandeira e pandeiro en diferentes escolas municipais e colectivos culturais da provincia de Lugo. A proposta que Branca Villares leva polos centros de ensino parte dun proxecto colectivo de revisión do cancioneiro popular galego dende unha perspectiva de xénero e convida a reflexionar sobre a presenza da violencia contra as mulleres nas letras de distintas manifestacións musicais populares, dende as coplas tradicionais ata o reguetón ou o trap. "Mi madre no quiere que vaya al molino, porque el molinero se mete conmigo. Se mete conmigo, me rompe la saia, también el vestido. Mi madre no quiere que vaya al molino". "Si vas á botica, non vaias sola; mira que o boticario ten a mao larga. Ten a mao larga, gasta pistola. Si vas á botica, non vaias sola". A relator

Xéneros e formatos do xornalismo

Imaxe
Como broche final das actividades da Semana da Prensa (7-11 de marzo), en que distintos grupos do centro traballaron con xornais nas aulas, Marta Veiga Izaguirre impartiu esta mañá, para alumnado de 1.º BAC, a charla "Xéneros e formatos do xornalismo". A relatora, periodista freelance , profesora na Facultade de Humanidades de Lugo, investigadora e membro do Grupo XuvenCiencia (Grupo de Divulgación da Ciencia e da Tecnoloxía do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela), comezou repasando os elementos da comunicación e as características da comunicación xornalística, para centrarse a continuación nos xéneros periodísticos, clasificados en informativos, interpretativos, dialóxicos e argumentativos. A charla, moi amena e didáctica, estivo aderezada con exemplos extraídos do contexto informativo actual (a pandemia, a guerra en Ucraína, etc.) e incluíu interesantes reflexións sobre a información veraz, a falacia da equidistancia, o ruído informativo, as fake news , e

Ignoradas

Imaxe
Para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, alumnado de 1.º, 3.º e 4.º ESO elaborou carteis reivindicando a figura de mulleres esquecidas pola Historia, cuxos nomes foron silenciados e cuxos méritos mesmo chegaron a ser atribuídos a homes. Os pósteres, coas verbas Ignorada e Búscase , inclúen unha imaxe de cada unha das mulleres seleccionadas, unha breve descrición das súas achegas e un código QR que permite acceder a un cuestionario en que identificar as mulleres que acadaron os logros que se enuncian. Científicas, investigadoras, profesoras, escritoras, artistas, etc., de distintas épocas e procedencias, tomaron as xanelas e os muros do instituto para facerse presentes á comunidade educativa. Mulleres empoderadas e libres, algunhas chegaron a sobrepasar os límites do centro e mesturáronse coa poboación dos barrios da Piringalla e A Milagrosa, onde hai quen as viu compartindo espazo con algunhas das obras de arte urbana da cidade. Para elas, sempre, o noso recoñecemen