Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Sociolingüística

Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística

Imaxe
Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística (Consello da Cultura Galega, 2025) é a última obra adquirida pola biblioteca escolar para formar parte da sección de normalización e dinamización lingüísticas. Editado por Elisa Fernández Rei, Estela Fidalgo-Garra e Miguel Guisantes-Alonso, o libro aborda algúns dos temas fundamentais da sociolingüística contemporánea, tanto galega como doutros contextos multilingües: o papel das persoas neofalantes, os conflitos arredor do estándar, a intermediación lingüística, o contacto entre variedades ou as dinámicas de lexitimación e exclusión que operan sobre as linguas minorizadas. Achega rnos ás súas páxinas é un bo xeito de reflexionar verbo da riqueza que supón a diversidade lingüística. Ana Rodríguez Barreiro

Actualización dos datos sociolingüísticos do centro

Imaxe
Nos meses de setembro e outubro de 2025, o profesorado e o alumnado do IES Ánxel Fole realizou novas enquisas sociolingüísticas acerca do seu uso, coñecemento e valoración do galego. Os resultados poden consultarse premendo nas imaxes inferiores. Ana Rodríguez Barreiro

Liberdade para o galego

Imaxe
A biblioteca escolar do IES Ánxel Fole segue a incorporar novidades ao recuncho de normalización e dinamización lingüísticas. O último libro recibido é o ensaio Liberdade para o galego. Política, uso e disposición da lingua , escrito por Marcos Maceira Eiras e Elsa Quintas Alborés e publicado por Laiovento neste ano 2024. A obra achégase ao concepto de liberdade lingüística e aplícao ao caso concreto do galego, tentando dar resposta a distintos interrogantes, formulados así na web da editorial : "Falemos de liberdade. A que os dicionarios galegos definen como a faculdade pola que se pode realizar a propia determinación, o dereito de actuar segundo os propios criterios e sen imposicións doutros ou fóra do dominio de alguén. É esta a situación do galego? Abonda coa propia vontade para facer uso da lingua do país? Ou existen impedimentos materiais, situacións de coaccións ou condicionantes de calquera tipo que obstaculizan o seu libre desenvolvemento? Pode materializarse o ...

Libros que dinamizan

Imaxe
Na biblioteca escolar do Ánxel Fole, aberta a toda a comunidade educativa, mantemos o noso recuncho de normalización e dinamización lingüísticas, ao que chegan novidades ao longo de todo o curso. A última incorporación bibliográfica é o libro A lingua en futuro: a mocidade imaxina o 2050 , coordinado por Fernando Ramallo. Ti tamén queres formar parte do futuro do idioma? Pois adiante co galego! Se che interesa a reflexión sobre lingua e sociedade, non deixes de preguntar na túa biblioteca por esta e outras obras. Ana Rodríguez Barreiro

Recursos bibliográficos para dinamizar a lingua

Imaxe
Na biblioteca do Ánxel Fole, aberta a toda a comunidade educativa, temos un recuncho de normalización e dinamización lingüísticas, ao que seguen chegando novidades. Algunhas das últimas incorporacións bibliográficas son: Ax(e)itar a lingua. Orientacións para unha comunicación inclusiva no ensino , de Montse Pena Presas e María Caamaño Rojo. Lingua, poder e adolescencia , de Miguel Rodríguez Carnota. O povo improvisador. Aventuras sobre regueifa e poesia oral , de Séchu Sende. Se che interesa a reflexión sobre lingua e sociedade, non deixes de preguntar na túa biblioteca por estas e outras obras. Ana Rodríguez Barreiro

Recuncho de normalización e dinamización lingüísticas

Imaxe
Na biblioteca escolar do Ánxel Fole temos habilitado un espazo no que visibilizar os materiais xa existentes e os que se van adquirindo sobre sociolingüística e planificación lingüística. Esta biblioteca básica, fundamental para a formación continua dos membros do EDLG, está dispoñible tamén para os restantes membros da comunidade educativa. Ana Rodríguez Barreiro

Enquisa sociolingüística para o alumnado

Imaxe
Seguindo o camiño aberto polo profesorado, tamén o alumnado do IES Ánxel Fole foi requirido para realizar, entre outubro e novembro, a súa propia enquisa sociolingüística. Neste caso, as persoas titoras dos distintos grupos puxeron a disposición do estudantado a ligazón de acceso ao formulario colgándoa nas aulas virtuais das súas materias. O alumnado de ESO cubriu o cuestionario na súa aula de referencia, durante unha sesión de titoría e co seu ordenador persoal do programa E-Dixgal; o alumnado de BAC, que non posúe ordenador, tivo que acudir ás aulas de informática do centro. Os datos obtidos, que poden consultarse premendo na imaxe inferior, revelan un importante grao de castelanización na rapazada do centro. Aínda que a participación non foi especialmente elevada, dun  64 % (382 persoas, dun total de 597 alumnos/as do instituto, responderon as preguntas), os resultados semellan bastante fiables, pois seguimos a súa evolución dende que os primeiros grupos comezaron a facer a enq...

Enquisa sociolingüística para o profesorado

Imaxe
A semana pasada, o profesorado do IES Ánxel Fole foi chamado a realizar unha pequena enquisa sociolingüística acerca do seu uso, coñecemento e valoración do galego. Partindo da proposta recollida na obra A planificación lingüística nos centros educativos , o EDLG, en  colaboración co Dpto. de Tecnoloxía,  elaborou un cuestionario dixital, ao que o profesorado puido acceder grazas a unha ligazón e un código QR proporcionados a través do correo electrónico e expostos na sala do profesorado. Os datos obtidos, que poden consultarse na súa totalidade premendo na imaxe inferior, semellan relativamente favorables para o galego, mais a limitada participación, dun 54 % (34 persoas, dun total de 63 membros do claustro, responderon as preguntas), restrinxe a significatividade dos resultados e non facilita a súa análise e interpretación. Ana Rodríguez Barreiro