Recursos bibliográficos para dinamizar a lingua

Na biblioteca do Ánxel Fole, aberta a toda a comunidade educativa, temos un recuncho de normalización e dinamización lingüísticas, ao que seguen chegando novidades. Algunhas das últimas incorporacións bibliográficas son:

  • Ax(e)itar a lingua. Orientacións para unha comunicación inclusiva no ensino, de Montse Pena Presas e María Caamaño Rojo.
  • Lingua, poder e adolescencia, de Miguel Rodríguez Carnota.
  • O povo improvisador. Aventuras sobre regueifa e poesia oral, de Séchu Sende.

Se che interesa a reflexión sobre lingua e sociedade, non deixes de preguntar na túa biblioteca por estas e outras obras.



Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios