Curva España

Ao abeiro do programa didáctico da concellaría de Acción Cultural de Santiago de Compostela, alumnado de 2.º BAC do Ánxel Fole acudiu o 8 de novembro ao Auditorio de Galicia para asistir á representación teatral da obra Curva España, da compañía Chévere.


Curva España, un espectáculo de formato medio con catro persoas en escena (unha actriz, un actor e dúas operadoras de vídeo), ironiza sobre o xénero documental combinando teatro e cine en directo. A peza supón unha alegoría sobre España e sérvese dun relato local, transmitido oralmente de xeración en xeración entre a xente da comarca de Verín (Ourense), para confrontar a realidade coa ficción, a historia coa lenda.



Xabier Molinos, José Ramón Negro e Ana Rodríguez

Comentarios