Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2024

Julia

Imaxe
No marco das actividades conmemorativas do Día Internacional da Muller (8 de marzo), alumnado de 3.º ESO, 4.º ESO e 2.º BAC asistiu á proxección no centro da película documental Julia (2022), rodada en Galicia e en galego baixo a dirección do vilalbés Jacobo Lagüela Castro, quen tivo a amabilidade de enviarnos un vídeo a xeito de presentación. A protagonista do filme é  Julia Barrio Díaz, unha avoa (a do director) de 87 anos que, dende a Galicia das aldeas cada vez máis despoboadas, loita por salvagardar as súas raíces e reivindica un futuro digno para o rural, aínda sendo plenamente consciente de que o estilo de vida que ela representa está abocado á extinción. A cinta, que foi candidata ao s Premios Mestre Mateo e aos Premios Goya (en oito e seis categorías, respectivamente), cumpre, entre outros, os seguintes obxectivos: visibilizar o papel da muller na Galicia agraria e crear referentes femininos para as mulleres campesiñas; universalizar a figura da avoa galega, ao presentar unha