Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2023

III EnRedando co Galego

Imaxe
Un ano máis, o IES Ánxel Fole participa, xunto con outros centros de ensino da cidade  (IES Leiras Pulpeiro, IES Lucus Augusti, IES Muralla Romana, IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, IES Sanxillao e IES Xoán Montes), na  iniciativa EnRedando co Galego, organizada pola  Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo e mais pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). O 25 de abril tivo lugar na biblioteca do instituto a presentación da actividade, que  busca fomentar entre a poboación escolar tanto o uso do galego como  a creación literaria e artística a través da lingua. No acto  interviñeron o escritor Lois Pérez, o representante do Concello Anxo Lamelo e o Dúo Vaguedades, quen fixo as delicias do público cunha dramatización na que deu vida a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, mesturando  reflexión sociolingüística e humor a partes iguais. Durante as próximas semanas, o alumnado participante no programa compartirá nas redes sociais ou enviar

Roteiros literarios en Guitiriz

Imaxe
O alumnado de 3.º ESO participou o 30 de marzo e mais o 13 de abril en dous roteiros literarios en Guitiriz, guiados de xeito inmellorable polo alumnado do IES Poeta Díaz Castro, que dende hai anos recibe grupos no seu centro, acompáñaos polos espazos vitais e literarios do poeta Xosé María Díaz Castro e proponlles actividades diversas en cada unha das paradas realizadas ao longo dos itinerarios. O roteiro "Un neno de aldea" desenvólvese no lugar do Vilariño (Os Vilares, Guitiriz), aldea natal de  Díaz Castro, e nel  analízase o universo rural no que medrou o escritor, tomando os seus poemas e vivencias como fío condutor. Nesta ruta o alumnado visita a capela do Vilariño, onde o neno Pepe exerceu como acólito;  a aira dos Coira, coas súas distintas especies arbóreas; algunhas mostras de arquitectura popular da Terra Chá, como vivendas, palleiras, alpendres, hórreos, etc.; ou a casa familiar de Díaz Castro, onde naceu o poeta. "A fábrica de poetas", á súa vez, é un r

Encontro con Antía Yáñez

Imaxe
Ao abeiro do programa "Encontros Literarios" do Ministerio de Cultura e Deporte, a escritora Antía Yáñez (Burela, 1991) visitou, o día 31 de marzo, o IES Ánxel Fole, onde se reuniu con alumnado dos clubs de lectura de 1.º, 3.º e 4.º ESO. A sesión abriuse coa presentación da autora por parte de dúas alumnas e desenvolveuse de xeito moi participativo e dinámico, sempre a través das preguntas formuladas pola rapazada á novelista. No diálogo abordáronse algunhas cuestións de índole xeral (a formación da autora, as súas motivacións á hora de escribir, o proceso de creación literaria, etc.) e outras máis concretas, centradas especialmente nas obras lidas con antelación polo alumnado: O misterio de Portomarín , O misterio do torque de Burela e Senlleiras . Para rematar o acto, Antía Yáñez asinou exemplares dos seus libros ao alumnado e o profesorado que o solicitou. Nun de Senlleiras , dedicado á biblioteca escolar, recordounos todo o que resta aínda por facer no camiño da igualdad