Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2014

Un entroido de conto e cine no Ánxel Fole

Imaxe
Este é o vídeo resumo do acontecido no entroido do 2014 no Ánxel Fole. A modo de lipdub , coa música dos ourensáns O sonoro maxín , imos percorrendo parte do noso instituto. Barallamos varias músicas e decidímonos por este rumboso tema, que canto máis o escoitas máis se mete no corpo. Se fixesen así as radios, coñeceriamos máis música en galego... Profes, directivas, alumnado, tentamos facer unha festa con este entroido, que é a celebración máis divertida do ciclo festivo galego. Ata o mesmísimo busto de Ánxel Fole estaba disfrazado... Queda a idea xa para o ano que vén... Hai tantos detalles que non poderás deixar de rir aínda que o vexas dez veces...

Feliz Día do Libro!

Imaxe

Chega o mes dos libros

Imaxe
O grande artista Leandro Lamas fai unha magnífica homenaxe aos libros.

Pancarta do lipdub

Imaxe
Un  lipdub   ou  lip dub   ( 'dobraxe de labios' ) é un vídeo musical realizado por un grupo de persoas que sincronizan os seus labios, xestos, movementos, cunha canción popular ou outra fonte musical. Dende o noso instituto  pretendemos involucrar a todo o alumnado neste traballo musical, utilizando unha mensaxe clara que favoreza o uso da nosa lingua. Por iso utilizamos como lema a canción "Quérote máis" do grupo  O sonoro maxín.  

O lipdub clase a clase

Imaxe
O alumnado de 2.º B preparándose para entrar en acción no lipdub