Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2024

Viaxe polo metaverso con Luísa Villalta

Imaxe
Dende hoxe pode verse no taboleiro da lingua do IES Ánxel Fole a mostra "Viaxe polo metaverso con Luísa Villalta", deseñada no CIFP A Carballeira - Marcos Valcárcel de Ourense e distribuída pola Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), co fin de divulgar a figura e o legado de Luísa Villalta. A  exposición, que destaca polo seu carácter innovador, amosa a protagonista das Letras Galegas deste 2024 como un avatar que convida a percorrer a súa traxectoria persoal e profesional a través do metaverso, espazo virtual onde descubrir imaxes, recursos e actividades interactivas. Ana Rodríguez Barreiro

Matemáticas na Raia

Imaxe
Alumnado de 3.º ESO do Ánxel Fole está a participar no concurso de resolución de problemas por equipos "Matemáticas na Raia" . O campionato d esenvólvese en Galicia e no norte de Portugal, organizado conxuntamente pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) e a Asociación de Profesores de Matemáticas de Portugal (APM). A fase rexional, celebrada o mesmo día, á mesma hora e cos mesmos enunciados nos dous países, tivo lugar o pasado 11 de abril e consistiu en solucionar, nun tempo máximo de noventa minutos, cinco problemas. O grupo gañador de cada país, aínda por coñecer, obterá como premio unha estancia de fin de semana (25-26 de maio) en Esposende, onde o alumnado galego e o portugués confraternizarán por medio de actividades lúdicas, visitas turísticas e competicións amigables. Carmen Fernández Anllo e  Ana Rodríguez Barreiro

O experimento da fenda dobre de Young e o estraño caso do Dr. Jekyll e o Sr. Hyde

Imaxe
No marco do programa A Ponte da Universidade de Santiago de Compostela, alumnado de 2.º BAC dos institutos Ánxel Fole e Muralla Romana asistiu o pasado 4 de abril á charla  “O experimento da fenda dobre de Young e o estraño caso do Dr. Jekyll e o Sr. Hyde”, impartida polo docente da Facultade de Física Carlos Montero Orille.  Empregando como referencia o experimento da fenda dobre de Young, o profesor Montero Orille expuxo as teorías modernas sobre a natureza da luz, as cales, ao longo dos últimos séculos, foron alternando entre a hipótese corpuscular e a hipótese ondulatoria, do mesmo xeito que o personaxe de Stevenson adoptaba sucesivamente as personalidades do Dr. Jekyll e do Sr. Hyde. O relator tamén lembrou a importancia deste experimento para confirmar o carácter ondulatorio‐corpuscular da materia, isto é, a denominada  dualidade onda‐partícula , concepto que, malia a súa innegable utilidade didáctica, resulta difícil de integrar nun modelo completo que describa o comportamento d

As sete que eu son

Imaxe
O alumnado de 4.º ESO da materia Expresión Artística visitou o día 3 de abril, no Museo Provincial de Lugo, as exposicións temporais "As 7 e 7. Hora de falar" e "Eu son. Memoria das rapadas". "As 7 e 7. Hora de falar", comisariada por Sergio Marey, quere visibilizar as sete artistas con presenza na colección permanente do museo (María Corredoira,  María Luísa Pérez Herrero,  Maruxa Mallo, Xulia Minguillón,  María del Carmen Álvarez de Sotomayor , Violeta Bernardo e  Mónica Alonso ) a través de sete traballos de creadoras galegas emerxentes ( as irmás Lara e Noa Castro, Christina Chiarroni, Noa Costas, Greta Debelius, Sabela Eiriz, Andrea Otero e Carmen Quintáns). As obras destas mulleres que están a dar os primeiros pasos no mundo da arte dialogan coas pezas das autoras consagradas en que se inspiran, como xeito de poñer en valor a creación feminina galega ao longo dos séculos XX e XXI. "Eu son. Memoria das rapadas",  de Art al Quadrat  (Gema e M