Viaxe polo metaverso con Luísa Villalta

Dende hoxe pode verse no taboleiro da lingua do IES Ánxel Fole a mostra "Viaxe polo metaverso con Luísa Villalta", deseñada no CIFP A Carballeira - Marcos Valcárcel de Ourense e distribuída pola Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), co fin de divulgar a figura e o legado de Luísa Villalta.

A  exposición, que destaca polo seu carácter innovador, amosa a protagonista das Letras Galegas deste 2024 como un avatar que convida a percorrer a súa traxectoria persoal e profesional a través do metaverso, espazo virtual onde descubrir imaxes, recursos e actividades interactivas.


Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios