Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2024

Rosalía no barrio

Imaxe
Co gallo do Día de Rosalía de Castro 2024, alumnado de distintos grupos da ESO asistiu o 23 de febreiro á presentación da revista  Rosalía no barrio , editada por Solaina e coordinada por Sergio Marey. A publicación, que busca achegar a obra de Rosalía de Castro e de poetas contemporáneos/as aos barrios da Milagrosa e da Piringalla de Lugo, onde se distribúe entre a veciñanza, centros de ensino e establecementos comerciais, ofrece unha escolma de textos líricos escritos por distintos/as autores/as galegos/as a partir de versos de Rosalía. Durante o evento, celebrado no salón de actos do Ánxel Fole e conducido polo propio Sergio Marey, a rapazada recitou e comentou poemas, compuxo un cadáver exquisito inspirado no verso rosaliano "Teño un niño de tolos pensamentos" e creou un caligrama en que as verbas colectivas debuxaron o rostro da nosa escritora nacional. Paula Fernández Fulgencio e Ana Rodríguez Barreiro

Boa sorte, mala fama

Imaxe
Alumnado de 1.º BAC asistiu o día 5 de febreiro, no auditorio Gustavo Freire, á representación da obra Boa sorte, mala fama , da compañía Tarabela Creativa, asentada en Lugo e fundada por Diego Gallego e Carmen Conde. A peza, unha t raxicomedia en tres actos que combina narración oral, música ao vivo e interpretación actoral, fai un percorrido a través de diferentes épocas e persoas para contar a historia máis incómoda e menos institucional da emigración galega. A escrita e a posta en escena parten dun proceso de investigación e documentación previo, durante o cal Tarabela Creativa visitou hemerotecas, arquivos, museos da emigración, asociacións de emigrantes retornados, centros galegos da diáspora..., onde recolleu datos e realizou entrevistas que serviron como base do espectáculo teatral. A propia compañía explica así o argumento da obra e o significado do título: "Sempre se soubo, claro está, que as anduriñas son aves de bo agoiro, que alí onde aniñan traen fortuna, que anunci

Rutas literarias no Museo Provincial de Lugo

Imaxe
Dende hai case vinte anos, o Departamento de Didáctica do Museo Provincial de Lugo vén empregando a literatura como vehículo de comunicación artística, procurando mesturar o inmaterial e o material, a lingua e o patrimonio museístico. Con este obxectivo nace o programa “Rutas literarias”, que pretende que a rapazada do ensino secundario sinta o museo como un espazo de memoria e un lugar onde imaxinar a historia. Tras a lectura do libro  Contos de fantasmas no museo , composto por textos de  Ledicia Costas, Anxo Fariña, Andrea Maceiras e Carlos Negro, o  alumnado de  3.º ESO acudiu, os días 25 e 31 de xaneiro, ao Museo Provincial para realizar presencialmente as rutas literarias derivadas dos relatos. Unha vez a lí, e divididos/as en grupos, os/as rapaces/zas seguiron catro itinerarios diferentes contestanto unha serie de preguntas relacionadas tanto coa obra lida como coas coleccións expostas. A xornada rematou coa posta en común das respostas e a valoración, altamente positiva, da act