Rutas literarias no Museo Provincial de Lugo
Dende hai case vinte anos, o Departamento de Didáctica do Museo Provincial de Lugo vén empregando a literatura como vehículo de comunicación artística, procurando mesturar o inmaterial e o material, a lingua e o patrimonio museístico. Con este obxectivo nace o programa “Rutas literarias”, que pretende que a rapazada do ensino secundario sinta o museo como un espazo de memoria e un lugar onde imaxinar a historia.
Tras a lectura do libro Contos de fantasmas no museo, composto por textos de Ledicia Costas, Anxo Fariña, Andrea Maceiras e Carlos Negro, o alumnado de 3.º ESO acudiu, os días 25 e 31 de xaneiro, ao Museo Provincial para realizar presencialmente as rutas literarias derivadas dos relatos. Unha vez alí, e divididos/as en grupos, os/as rapaces/zas seguiron catro itinerarios diferentes contestando unha serie de preguntas relacionadas tanto coa obra lida como coas coleccións expostas. A xornada rematou coa posta en común das respostas e a valoración, altamente positiva, da actividade.
Ana Rodríguez, Inmaculada Tojo e Vanessa Yebra
Comentarios
Publicar un comentario