Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2023

Ciencia para Novos/as Investigadores/as

Imaxe
Alumnado de 4.º ESO e mais de 1.º e 2.º BAC visitou os días 11, 18 e 19 de xaneiro a Facultade de Ciencias do campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) dentro das xornadas Ciencia para Novos/as Investigadores/as, un programa de estímulo de novas vocacións científicas entre o estudantado de ensino medio. Nas distintas sesións programadas ao abeiro deste ciclo, a rapazada puido coñecer as instalacións da Facultade, recibiu información sobre os graos que se imparten nela (Bioquímica, Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais e Nutrición Humana e Dietética) e levou a cabo varias prácticas e experimentos nos laboratorios do edificio: realización de diferentes reaccións químicas sinxelas, identificación de células mediante o emprego do microscopio electrónico, determinación do pH de substancias da vida cotiá, execución de cromatografías para separar os compoñentes da tinta dun bolígrafo, preparación de pigmentos, etc. Beatriz Fernández, Marina López, Susana Rico, Ana Ro

Obradoiro de regueifa

Imaxe
Alumnado de 4.º ESO participou o 12 de xaneiro nun obradoiro de regueifa impartido no centro por Luís o Caruncho e Pinto de Herbón, da Asociación ORAL de Galicia . A actividade permitiu que os/as rapaces/zas coñecesen as orixes, finalidades e características formais da regueifa, que se achegasen ao mundo da improvisación oral en verso e ás súas distintas manifestacións, e que se soltasen a regueifar seguindo a melodía e o molde estrófico aprendidos. Ana Rodríguez Barreiro

Indómitas. Historias que abren camiños

Imaxe
Alumnado de 3.º ESO visitou os días 7, 15 e 20 de decembro, así como o 10 de xaneiro, a exposición "Indómitas. Historias que abren camiños", organizada por Afundación (Obra Social ABANCA). A mostra afonda na figura de doce mulleres que, malia seren de distintas idades, profesións e orixes, teñen algo en común: loitaron por facer realidade os seus soños, rachando con barreiras e estereotipos e amosando unha valentía e unha creatividade que as converten en referentes do noso tempo.  Estas mulleres pioneiras, sobre as que o alumnado realizou diferentes actividades en grupos, son:  Lula Goce, artista urbana; Paula Mouzo, percebeira; Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro, Tanxugueiras; Luisa Méndez, escaladora e enxeñeira de automoción; Laura Lorenzo, viticultora na Ribeira Sacra; Almudena Bernabéu, avogada experta en xustiza internacional; Nuria Bravo, comandante de helicóptero para Salvamento Marítimo; Alicia Sornosa, primeira muller do mundo hispano que percorreu o planet