Indómitas. Historias que abren camiños

Alumnado de 3.º ESO visitou os días 7, 15 e 20 de decembro, así como o 10 de xaneiro, a exposición "Indómitas. Historias que abren camiños", organizada por Afundación (Obra Social ABANCA). A mostra afonda na figura de doce mulleres que, malia seren de distintas idades, profesións e orixes, teñen algo en común: loitaron por facer realidade os seus soños, rachando con barreiras e estereotipos e amosando unha valentía e unha creatividade que as converten en referentes do noso tempo. 


Estas mulleres pioneiras, sobre as que o alumnado realizou diferentes actividades en grupos, son: 

  • Lula Goce, artista urbana;
  • Paula Mouzo, percebeira;
  • Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro, Tanxugueiras;
  • Luisa Méndez, escaladora e enxeñeira de automoción;
  • Laura Lorenzo, viticultora na Ribeira Sacra;
  • Almudena Bernabéu, avogada experta en xustiza internacional;
  • Nuria Bravo, comandante de helicóptero para Salvamento Marítimo;
  • Alicia Sornosa, primeira muller do mundo hispano que percorreu o planeta en moto en solitario;
  • Rocío Antela, mineira asturiana;
  • Teresa Bedman, exiptóloga e codirectora do Instituto de Estudos do Antigo Exipto.


A exposición, que viaxa por Galicia, pode visitarse na sede de Afundación en Lugo ata o 21 de xaneiro de 2023.


Ana Pedreira Castro, Alicia Puchades Tella-Villamarín e Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios