Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2022

Concerto de Pauliña

Imaxe
O Correlingua despediuse este ano cunha festa final celebrada en Lugo o 26 de outubro. Máis de catrocentos alumnos/as de distintos centros da cidade e da provincia, entre os que se atopaba o IES Ánxel Fole, participaron no Auditorio Gustavo Freire dun acto no que houbo música e reivindicación lingüística a partes iguais. O programa abriuse co saúdo, presentación e lectura do manifesto por parte do cómico Fran Rei, aos que seguiu a intervención da vicepresidenta da Deputación. A continuación, a rapazada gozou do prato forte da xornada: o concerto de Pauliña, banda de referencia do panorama musical galego actual, coa cambadesa Paula Chaves á fronte. O grupo desenvolveu sobre o escenario unha proposta musical diferente e innovadora, amosando influencias que van dende o country ao blues, pasando polo folk, o rock ou o ska, e abordando nas súas letras temas como a igualdade, a loita feminista e a defensa da lingua e a cultura galegas. O alumnado cantou, bailou, levou discos de Pauliña para

Antes, durante e despois das guerras

Imaxe
O Día das Escritoras é unha iniciativa que, promovida pola Biblioteca Nacional de España, busca reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia. Como en edicións anteriores, a data elixida este ano foi o luns máis próximo á festividade de Teresa de Jesús (15 de outubro). Así, a sétima edición celebrouse o pasado 17 de outubro, baixo o lema "Antes, durante e despois das guerras", co que, como lembra a directora da Biblioteca Nacional, se quixo homenaxear o papel fundamental que as mulleres cumpriron en escenarios de guerra, así como axudar a reflexionar e contemplar con outros ollos unha situación de sufrimento, pero tamén de xenerosidade e compromiso. No Ánxel Fole conmemoramos o Día das Escritoras cun acto multidisciplinar no que participou alumnado de 2.º, 3.º e 4.º ESO, simbolicamente vestido con roupas negras. Tras a presentación, nomeáronse, agrupados por continentes, os distintos países onde se están a desenvolver conflitos bélicos na actualidade e fó