Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2022

Despedida da Candeloria

Imaxe
Con gratitude e esperanza, para Luz, Lines, Eva, Xabi, Benjamín, Jesús e o alumnado participante de 3.º ESO e 1.º BAC. Por crer que a vida é mellor con paxaros, música e poesía. Se o pasado día 2 festexabamos o triunfo da luz e o casamento dos paxaros, hoxe, p ara despedir febreiro, mes da Candeloria, instalamos nunha das árbores do patio do instituto unha fermosa caixa-niño de madeira. Recibímola como agasallo do departamento de Agraria do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo , a quen agradecemos o seu agarimoso xesto. Baixo as pólas que acubillan a caixa-niño, recitamos varios poemas (de Séchu Sende, Navia Rivas de Castro, María Lado, Marta Dacosta, Daniel Salgado e Leo Arremecághona) relacionados, en certo modo, coa Candeloria e cos paxaros, e soaron a gaita e a pandeireta para interpretar algunhas pezas da tradición musical galega. Con desexos de salvación e florecemento, compartimos a continuación o texto de  Leo Arremecághona .  E oxalá o próximo febreiro algúns paxariños est

Conferencia-concerto de Abraham Cupeiro

Imaxe
O alumnado de Música de 3.º e 4.º ESO e mais de 1.º BAC participou o 23 de febreiro nunha conferencia-concerto de Abraham Cupeiro,  músico e musicólogo entre cuxos  traballos destacan os discos  Os sons esquecidos  (2017), coa Real Filharmonía de Galicia, e  Pangea  (2020), coa Royal Philharmonic Orchestra londinense . Cupeiro, nado en Sarria en 1980, é especialmente coñecido por recuperar e reconstruír instrumentos ancestrais, unha boa mostra dos cales nos presentou no Ánxel Fole. O acto desenvolveuse como unha viaxe sonora a través do tempo e do espazo. Abraham comezou lembrando algúns dos instrumentos máis primitivos, construídos con palla, óso ou plumas, para realizar a continuación un percorrido que nos levou pola antiga Roma, Persia, China, Armenia, Venecia, os capiteis das igrexas románicas, o Renacemento, o Barroco, a Revolución Industrial..., sempre combinando as explicacións teóricas, amenas e cargadas de anécdotas, coas sorprendentes interpretacións musicais. A conferencia-c

Flores para Rosalía

Imaxe
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, conmemoramos o Día de Rosalía de Castro (23 de febreiro,  data do aniversario do nacemento da escritora ) a través dunha actividade de papiroflexia. Un grupo de alumnado de 4.º ESO confeccionou flores de papel en cuxo talo escribiu versos de Rosalía. As flores expuxéronse previamente na biblioteca do instituto, canda unha selección de obras da autora homenaxeada, e despois, o propio Día de Rosalía, agasalláronse entre a poboación do barrio da Piringalla ( pequeno comercio,  transeúntes, etc.), onde se atopa o IES Ánxel Fole. Pretendíase, así, estreitar os lazos entre o alumnado e a sociedade, e espallar a figura de Rosalía ―e, con ela, a lingua galega― fóra do centro. Ana Rodríguez Barreiro

Recuncho de normalización e dinamización lingüísticas

Imaxe
Na biblioteca escolar do Ánxel Fole temos habilitado un espazo no que visibilizar os materiais xa existentes e os que se van adquirindo sobre sociolingüística e planificación lingüística. Esta biblioteca básica, fundamental para a formación continua dos membros do EDLG, está dispoñible tamén para os restantes membros da comunidade educativa. Ana Rodríguez Barreiro

Leonardo e os biosbardos

Imaxe
O alumnado de 1.º e 2.º ESO acudiu na tarde do luns, 7 de febreiro, ao Auditorio Gustavo Freire, onde puido gozar da representación da obra teatral Leonardo e os biosbardos , posta en escena pola compañía A Xanela do Maxín. A peza, baseada no conto "Os biosbardos", de Eduardo Blanco Amor, relata como Leonardo, no seu intento por adaptarse a Auria, fai o posible para superar as probas que a cuadrilla da Roncolla lle impón se quere formar parte dela. Paralelamente, o protagonista debe coidar de pecharlles a porta ás galiñas pola noite, porque están a desaparecer misteriosamente da súa granxa... A obra trata temas como o acoso, o dominio dos medos, a integración, a solidariedade, o ecoloxismo, a vida na natureza ou o despoboamento do rural. Ana Rodríguez Barreiro e Ramón Vázquez Díaz