Flores para Rosalía

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, conmemoramos o Día de Rosalía de Castro (23 de febreiro, data do aniversario do nacemento da escritora) a través dunha actividade de papiroflexia.

Un grupo de alumnado de 4.º ESO confeccionou flores de papel en cuxo talo escribiu versos de Rosalía. As flores expuxéronse previamente na biblioteca do instituto, canda unha selección de obras da autora homenaxeada, e despois, o propio Día de Rosalía, agasalláronse entre a poboación do barrio da Piringalla (pequeno comercio, transeúntes, etc.), onde se atopa o IES Ánxel Fole.

Pretendíase, así, estreitar os lazos entre o alumnado e a sociedade, e espallar a figura de Rosalía ―e, con ela, a lingua galega― fóra do centro.




Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios