Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Branca Villares

Cantareiras e cantares. Un ano en cantigas

Imaxe
Para finalizar o ano en que as Letras Galegas estiveron dedicadas ás cantareiras e á poesía popular oral, no mes de decembro acollemos no IES Ánxel Fole a exposición “Cantareiras e cantares. Un ano en cantigas”, que foi organizada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo e que conta con textos, selección de cantigas e coordinación musical de Branca Villares. A exposición amosa os materiais que tamén foron incluídos nunha axenda do ano 2025 , que se presentaba así: " Saen aquí as mulleres d’antes , fotografadas e recollidas en audio por Dorothé Schubarth e Antón Santamarina no solpor do século XX. Desfrutámolas grazas á colaboración do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego. Saen tamén cantando as mulleres d’agora , as do albor do s. XXI, da man de Branca Villares Naveira ofrecéndonos un ano en cantigas, como mostra da relación directa entre as coplas e o ciclo do ano; como mostra de que aínda quedan moitos cantares, vellos e novos, cos que contar...

Trece lúas: as marabillas do Nadal. Cantigas e contos do solsticio

Imaxe
Alumnado de 3.º ESO participou o día 10 de decembro no obradoiro “Trece lúas: as marabillas do Nadal. Cantigas e contos do solsticio”, impartido no centro por Branca Villares, intérprete, investigadora e divulgadora da tradición musical galega. No obradoiro, cuxo título rende homenaxe á obra de Antonio Reigosa Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal , a relatora bosquexou unha historia dos personaxes, costumes e ritos que, malia a súa orixe diversa (pagá ou cristiá), conflúen no Nadal galego. Como non podía ser doutro xeito, a explicación estivo adobiada con moita música, e o alumnado entoou panxoliñas, arrolos e cantos de Reis, acompañándose de percusión ou de mímica. Ana Rodríguez Barreiro

Por que cantan as mulleres?

Imaxe
Alumnado de varios grupos de ESO participou o día 6 de maio no concerto didáctico "Por que cantan as mulleres?", a cargo da  pandeireteira e música de tradición oral Branca Villares, que conta con trinta anos de experiencia na práctica, investigación e divulgación da tradición musical galega. No obradoiro, centrado na tradición oral feminina, Branca Villares analizou que, como e por que cantan as mulleres. Para iso, trazou un percorrido polos distintos xéneros e temáticas das cantigas, adentrouse nos rexistros históricos e estableceu conexións entre o noso folclore e outros de Europa, África ou América. Ollando a tradición con perspectiva de xénero, reflexionou tamén sobre a presenza ou ausencia das mulleres no canon cultural, ao tempo que introduciu elementos transversais como a igualdade e a prevención das violencias. Dun xeito vivencial e lúdico, a actividade favoreceu a participación activa do alumnado, que cantou coplas, practicou percusión corporal e mesmo rematou baila...

Un, dous, tres. Canta e baila do revés

Imaxe
Alumnado de 4.º ESO asistiu o 27 de marzo ao obradoiro "Un, dous, tres. Canta e baila do revés", impartido por Branca Villares , mestra de canto tradicional, pandeireta, pandeira e pandeiro en diferentes escolas municipais e colectivos culturais da provincia de Lugo.  A relatora, que comezou lembrando a súa traxectoria no eido da música tradicional, desenvolveu unha sesión interactiva e altamente participativa, na que a rapazada tivo que elaborar os seus propios textos e soltarse a cantar. Partindo dun  canto de chamada  popular, Branca Villares explicou a estrutura (na que se distinguen coplas e retrouso), as características métricas (estrofas de catro versos octosílabos con rima asonante nos pares) e a base melódica (compás de 2/4) habituais n a improvisación oral en verso e  en moitas das composicións tradicionais galegas. Axúdame, compañeira. Axúdame, camarada. Axúdame, compañeira, a facer a foliada. Despois, o alumnado distribuíuse en grupos, escolleu unha tem...

Do tradi ao trap. Baila, morena!

Imaxe
Dous grupos de alumnado, un de 1.º BAC e outro de 4.º ESO, participaron esta mañá no obradoiro "Do tradi ao trap. Baila, morena!", impartido por Branca Villares, mestra de canto tradicional, pandeireta, pandeira e pandeiro en diferentes escolas municipais e colectivos culturais da provincia de Lugo. A proposta que Branca Villares leva polos centros de ensino parte dun proxecto colectivo de revisión do cancioneiro popular galego dende unha perspectiva de xénero e convida a reflexionar sobre a presenza da violencia contra as mulleres nas letras de distintas manifestacións musicais populares, dende as coplas tradicionais ata o reguetón ou o trap. "Mi madre no quiere que vaya al molino, porque el molinero se mete conmigo. Se mete conmigo, me rompe la saia, también el vestido. Mi madre no quiere que vaya al molino". "Si vas á botica, non vaias sola; mira que o boticario ten a mao larga. Ten a mao larga, gasta pistola. Si vas á botica, non vaias sola". A relator...