Cantareiras e cantares. Un ano en cantigas

Para finalizar o ano en que as Letras Galegas estiveron dedicadas ás cantareiras e á poesía popular oral, no mes de decembro acollemos no IES Ánxel Fole a exposición “Cantareiras e cantares. Un ano en cantigas”, que foi organizada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo e que conta con textos, selección de cantigas e coordinación musical de Branca Villares.


A exposición amosa os materiais que tamén foron incluídos nunha axenda do ano 2025, que se presentaba así:

"Saen aquí as mulleres d’antes, fotografadas e recollidas en audio por Dorothé Schubarth e Antón Santamarina no solpor do século XX. Desfrutámolas grazas á colaboración do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego.

Saen tamén cantando as mulleres d’agora, as do albor do s. XXI, da man de Branca Villares Naveira ofrecéndonos un ano en cantigas, como mostra da relación directa entre as coplas e o ciclo do ano; como mostra de que aínda quedan moitos cantares, vellos e novos, cos que contar as alegrías e os padeceres desta vida que nos leva.

Vivan as nosas cantareiras e sigan".


Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios