EnRedando co Galego 2025: gala final
Varios grupos de 3.º ESO asistiron o día 10 de decembro á gala final do proxecto EnRedando co Galego, celebrada no auditorio Fuxan os Ventos.
Alí, o alumnado do Ánxel Fole uniuse ao doutros institutos da cidade e xuntos gozaron dun concerto de Mondra, un dos artistas máis sobranceiros da escena musical do país. No acto tamén tivo lugar a entrega de premios aos mellores traballos presentados, así como a repartición de agasallos entre todas as persoas participantes.
Ana Rodríguez Barreiro e Lines Salgado Iglesias
_mod.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario