Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Xornalismo

Onda Fole

Imaxe
Con gran ledicia, anunciamos que vén de nacer Onda Fole , o programa de radio escolar do IES Ánxel Fole, dispoñible na plataforma de audio á carta iVoox. A emisión inaugúrase co episodio titulado " Letras Galegas 2026 - Begoña Caamaño" , onde o alumnado de 3.º PDC, tal e como xa contamos aquí , nos ofrece unha entrevista ficticia á escritora e xornalista homenaxeada nas Letras Galegas deste ano. Ana Rodríguez Barreiro e Lines Salgado Iglesias

As Letras de Begoña Caamaño

Imaxe
Para celebrar o Día das Letras Galegas, dedicado neste 2026 á escritora e xornalista viguesa Begoña Caamaño, no IES Ánxel Fole desenvolvéronse distintas actividades, entre as que destacan as seguintes: a) Audiovisual Morgana en Esmelle . Alumnado de 3.º e 4.º ESO asistiu, o día 21 de maio, á proxección e coloquio de Morgana en Esmelle ,  serie audiovisual que adapta, en catro episodios curtos, a novela homónima de Begoña Caamaño. A microserie, en cuxa difusión colabora a Deputación de Lugo, é un proxecto da  cooperativa Aqueladas, centrada na creación de contidos audiovisuais interactivos e transmedia en galego. b) Fotografías para Begoña Caamaño . O pasado mes de abril, a fotógrafa lucense Alba Díaz presentou a exposición “A lingua do futuro / O futuro da lingua”, unha homenaxe á rapazada que fala e vive en galego nunha situación de emerxencia lingüística. Interactuando co traballo de Alba Díaz, o alumnado de 3.º PDC fotografouse con palabras relacionadas coa vida e a obra de...

Xéneros e formatos do xornalismo

Imaxe
Como broche final das actividades da Semana da Prensa (7-11 de marzo), en que distintos grupos do centro traballaron con xornais nas aulas, Marta Veiga Izaguirre impartiu esta mañá, para alumnado de 1.º BAC, a charla "Xéneros e formatos do xornalismo". A relatora, periodista freelance , profesora na Facultade de Humanidades de Lugo, investigadora e membro do Grupo XuvenCiencia (Grupo de Divulgación da Ciencia e da Tecnoloxía do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela), comezou repasando os elementos da comunicación e as características da comunicación xornalística, para centrarse a continuación nos xéneros periodísticos, clasificados en informativos, interpretativos, dialóxicos e argumentativos. A charla, moi amena e didáctica, estivo aderezada con exemplos extraídos do contexto informativo actual (a pandemia, a guerra en Ucraína, etc.) e incluíu interesantes reflexións sobre a información veraz, a falacia da equidistancia, o ruído informativo, as fake news , e...