Onda Fole

Con gran ledicia, anunciamos que vén de nacer Onda Fole, o programa de radio escolar do IES Ánxel Fole, dispoñible na plataforma de audio á carta iVoox.

A emisión inaugúrase co episodio titulado "Letras Galegas 2026 - Begoña Caamaño", onde o alumnado de 3.º PDC, tal e como xa contamos aquí, nos ofrece unha entrevista ficticia á escritora e xornalista homenaxeada nas Letras Galegas deste ano.


Ana Rodríguez Barreiro e Lines Salgado Iglesias

Comentarios